lunes, 22 de abril de 2013

APADRIÑADOR DE PALABRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano apadriñando palabras traballamos o mundo dos artesáns.
Nas aulas dende infantil ata o terceiro ciclo de primaria fumos buscando información dos oleiros, dos ferreiros, dos artesáns do coiro ou dos cesteiros.
Con toda a información recollida fixemos unha fermosa exposición con ferramentas, materiais ou cousas feitas polos distintos artesáns.
Aprendemos moitas curiosidades destes oficios e tanto o primeiro ciclo como o segundo tivo a sorte de ter unha charla con estes artesáns.
O resultado, inmellorable!! Aquí deixo unhas fotos do que foi un interesante traballo no que todos e todas aprendemos un montón de cousiñas.
Agardo que vos guste.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno a mi me gusta este traballo

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Gústanos, sen dúbida.
Ir facéndose cun léxico de oficio non é pouco.
Grazas por ese traballo de documentación!