Mostrando entradas con la etiqueta 2015-02-24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2015-02-24. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de febrero de 2015

Celebramos o DÍA DE ROSALÍA na escola

Hoxe reunímonos na aula de usos múltiples para celebrar o "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO".
O centro sumouse á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que nos convidaron a realizar actividades encamiñadas a afondar na obra e na vida de Rosalía, e que así cada un de vós fose quen de descubrir con que facetas da nosa autora se sentía máis indentificado.
O vídeo resultante da gravación de "Eu son Rosalía cando..." foi proxectado hoxe na escola.
Despois tivemos unha doce sorpresa. A ANPA BRINCADEIRA agasallounos cunha lambetada, para celebrar este día. Unha lambetada que pintou a nosa "lingua de cores". Foi unha sorpresa fantástica e dende aquí dámosvos as grazas por ese doce momento.

Tamén dámoslle as grazas ao CONCELLO que enviou un marcapáxinas de Rosalía para cada un dos nenos e nenas da escola. Para que non esquenzamos a importancia desta poetisa coa que descubrimos que temos moitas cousas en común xa que... 


TODOS SOMOS ROSALÍA


lunes, 23 de febrero de 2015

EU SON ROSALÍA

Un 24 de febreiro de hai moitos, moitos anos naceu en Galicia unha nena de nome Rosalía que sen sabelo converteuse nunha das mellores poetas en lingua galega e castelá de todos os tempos.
Nós como moitos galegos queremos honrala, hoxe e cada 24 de febreiro, polo importante que foi para nós o seu amor polo galego e por Galicia.
Sabemos que cada un de nós leva un pouquiño de Rosalía no seu corazón e en cada unha das caras da súa vida.
Todos somos Rosalía tal e como algúns dos vosos compañeiros amosan neste vídeo e EU, Garabullo, SON ROSALÍA cada vez que estou orgulloso de ser galego.