Mostrando entradas con la etiqueta Premios José Hermida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios José Hermida. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2026

Ola amiguiños e amiguiñas! Como xa sabedes os nenos e nenas de 4º participaron na II Edición dos Premios José Hermida de Radio Pontevedra, chegando á final cun podcast baseado no conto “A mellor sopa do mundo”, no que se destacou a importancia dunha alimentación saudable e de proximidade.

Aínda que non acadamos o premio principal, recibimos unha mención especial por parte de Vegalsa, unha empresa das que patrocinaban o certame, que quixo recoñecer o noso traballo cun pequeno agasallo para o alumnado.

Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita de Paula, alcaldesa de Silleda, e de Ángela, concelleira de Educación, que quixeron compartir con nós este recoñecemento.

Dende o centro queremos agradecer este xesto e felicitar ao noso alumnado pola súa implicación, creatividade e esforzo.

Aquí deixamos un resumo dunha xornada inesquecible e emocionante.

miércoles, 22 de abril de 2026

PREMIOS JOSÉ HERMIDA II: A mellor sopa do mundo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe, queremos felicitar ao alumnado de 4º de primaria, que quedou finalista nos Premios José Hermida II, organizados por Cadena SER Pontevedra.

Presentáronse cun podcast no que contaban o conto A mellor sopa do mundo, de Susanna Isern.

Ademais, eles mesmos crearon os efectos sonoros para darlle vida á historia, empregando obxectos da aula (técnica coñecida como foley).

Foi unha experiencia moi bonita na que traballaron a lectura, a expresión oral e o traballo en equipo.

Parabéns polo gran traballo! Agora toca agardar pola final que será o vindeiro 8 de maio.

Aproveitamos esta semana dedicada ao "Día do Libro" para emitir o conto. Escoitade!!

martes, 18 de febrero de 2025

4º visita Radio Pontevedra (Cadena Ser)

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá dia 19 de febreiro o alumnado de 4º visitará a emisora de Radio Pontevedra, Cadena SER, en Pontevedra para recibir unha formación de Radio na propia emisora. Despois participará en directo na emisión do programa "Hoy por hoy Pontevedra", para conectar no dial 98.7 FM ou picando na imaxe.