Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional da Muller 2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional da Muller 2025. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de marzo de 2025

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este programa de Radio é unha invitación do alumnado de 3º a continuar lendo esta entrada do Blog e a participar nas actividades que nos propoñen.

Xa estamos de volta!! Atrás deixamos o Entroido, pero o traballo continúa.  Achégase o 8M. O "Día Internacional da Muller" e o alumnado de 3º achéganos un montón de propostas!!

Sabedes que este ano traballamos con contos...Pois, buscando un conto os nenos e nenas de 3º atoparon unha biografía de Ada Lovelace, unha muller pioneira na ciencia e na informática. Foi tan importante que dende 2009, celébrase o "DÍA DE ADA LOVELACE" o segundo martes de outubro, para visibilizar o traballo das mulleres STEM (mulleres que destacan no mundo da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).

A clase estivo traballando co conto e grazas a isto fixo esta reportaxe dende a Aula de Polos Creativos.


Aquí tedes o  póster:
Ademais, para todos os que recordedes a serie dos Lunnis de Leyenda ( e tamén para os que non) propoñémosvos que disfrutedes dass ocurrencias coas que os personaxes dan a coñecer a Ada Lovelace. Con canción incluída!!


Agora si, non todo vai ser observar. Para poñer aínda máis, se cabe, en valor ás mulleres ó longo da historia, esta clase estivo experimentando co Lapis 3D. Elaboraron rostros de mulleres importantes da ciencia e das letras, contando, por suposto, con exemplos galegos. Explícannos como se emprega este lapis para que logo probedes todos.
Video titorial lapis 3D:


Mulleres importantes da ciencia e das letras!!


As nosas creacións co "Lapis 3D":