Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Radio Garabullo contou cunha visita moi especial. Sara e Yesica de 2º foron a contar o conto: A Escaleira de Beatriz Montero, un conto moi divertido e un tanto cantarín. Escoitade a ver se vos gusta!
martes, 13 de abril de 2021
lunes, 12 de abril de 2021
AS NOVAS DE GARABULLO: Facendo Camiño
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos a Semana da Prensa. As novas foron estudadas e analizadas nas aulas cos titores e especialistas. Cada curso traballou a prensa dende distintos puntos de vista aproveitando os xornais que se mercaron ao longo desta semana.Como nos gustou moito o traballo dos xornalistas decidimos facer unha gacetilla con novas do Camiño de Santiago. Participamos todos os cursos e creamos un xornal moi curioso, divertido e entretido.
Todos temos o noso pero aquí deixamos unha copia para que lle botedes un ollo.
PINTANDO O CAMIÑO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe deixamos un vídeo da participación do alumnado de 6º na actividade "Trasdeza pinta o Camiño" impulsada polo Concello en colaboración co Xacobeo 2021. A experiencia comezou cun traballo de aula a través de cadernos didácticos, unha saída por un tramo do Camiño de Santiago, O Foxo-Bandeira; na que coñeceron os recursos patrimoniais da zona. Estiveron acompañados e guiados polo persoal de amarelas e polos mestres do centro.
A actividade inclúe unha xornada de pintura en vivo, con Amalia López Brea "Luchi", dun dos enclaves de interés escollido polo alumnado.
Unha actividade fantástica e moi interesante que serviu para ampliar os coñecementos e actividades do noso proxecto de centro "Facendo Camiño"
AS NOVAS DA HORA DE COMER
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Hoxe cunha visita especial: Elena de 5º!!
MONTAMOS UN GRUPO MUSICAL E O MISTERIOSO OBXECTO ENCERRADO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Os maiores están a piques de rematar co Itinerario 1 "Realidade aumentada e videoxogo" para entrar no mundo da "Intelixencia artificial e robótica".
Cada actividade que fan supón un reto para acadar un obxectivo e moita diversión. Todas as actividades son moi interesantes e divertidas. Mirade que ben o pasamos en Digicraft os maiores!!
"Montamos un grupo musical"
"O misterioso obxecto encerrado"
DIGICRAFT 6-8 ANOS DA POR REMATADO UN ITINERARIO PARA SOMERXERSE NUNHA NOVA AVENTURA
jueves, 8 de abril de 2021
O "Día Mundial da Saúde" na Radio
Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma ben sabedes o pasado 7 de abril foi o Dia Mundial da Saúde. Os nenos e nenas de 2º quixeron achegar esta data a todos nós a través de distintas actividades e para explicárnolo un pouco máis foron a radio e deixáronnos este pequeno resumo das actividades propostas para estas datas. Hai consellos de todo tipo e o mellor de todo foi que ata nos recomendaron uns contos moi fermosos e interesantes.
Achegádevos, vide, vide... e escoitade!
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial da Saúde".
Como sabedes ben, as conmemoracións están condicionadas polo COVID, pero os compañeiros e compañeiras de 2º quixeron preparar unha actividade moi interesante para achegarnos a todos e todas a esta data. A través dos seus consellos e dos de dúas nais aprendimos moitas cousas interesantes sobre saúde. (premede aquí para ampliar toda a información)
Por outra banda tamén quixeron contribuír co Proxecto Facendo Camiño, elaborando O botiquín andante dos peregrinos.