Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe deixamos un vídeo da participación do alumnado de 6º na actividade "Trasdeza pinta o Camiño" impulsada polo Concello en colaboración co Xacobeo 2021. A experiencia comezou cun traballo de aula a través de cadernos didácticos, unha saída por un tramo do Camiño de Santiago, O Foxo-Bandeira; na que coñeceron os recursos patrimoniais da zona. Estiveron acompañados e guiados polo persoal de amarelas e polos mestres do centro.
A actividade inclúe unha xornada de pintura en vivo, con Amalia López Brea "Luchi", dun dos enclaves de interés escollido polo alumnado.
Unha actividade fantástica e moi interesante que serviu para ampliar os coñecementos e actividades do noso proxecto de centro "Facendo Camiño"
0 comentarios:
Publicar un comentario