viernes, 30 de octubre de 2026

PROGRAMA 2: Parabéns á hora de comer e as novas do tempo de lecer!!

Ola, amiguiños e amiguiñas!

Tal e como prometeron, os nenos e nenas de 5º de Primaria volveron aos micrófonos de Radio Garabullo para traernos un novo programa cheo de novidades!

Nesta ocasión, felicitaron a todos os nenos e nenas que celebran o seu aniversario no mes de outubro e contáronnos moitas das cousiñas que pasaron no cole durante este mes.

Lembrade que, a partir deste curso, teremos un novo programa ao final de cada mes, que poderemos escoitar durante o servizo de comedor. O alumnado de 5º será o encargado de poñerlle voz a este espazo tan especial.

Así que xa sabedes: temos unha cita mensual con Radio Garabullo! 

Agardamos con moita ilusión o próximo programa. Ata entón, seguiremos escoitando, aprendendo e compartindo!