Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Antía, Aitor e Raúl os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro. Neste caso en formato cómic: Policán. Queredes sabe de que vai? Pois escoitade aos nosos compañeiros e compañeiras de 5º
lunes, 20 de marzo de 2023
domingo, 19 de marzo de 2023
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR CON 5º
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 15 de marzo celebramos no cole o "Día Mundial dos Dereitos do Consumidor". É unha data encamiñada a recoñecer e defender os dereitos do consumidor.
O alumnado de 5º achegouse a todas as aulas para invitarnos a conmemorar esta data dun xeito máis responsable. Falounos do consumo responsable dirixido a adquisición de produtos sostibles e necesarios. Un consumo solidario que xenere menos residuos e respecte o medio ambiente.
A través de distintas actividades baseadas na reciclaxe, reutilización de produtos e coidado do medio ambiente foron facendo obradoiros moi interesantes e moi divertidos.
Aprendemos moitas cousas coma que debemos evitar as compras por impulso, coidar os nosos xoguetes e roupas para que duren máis, procurar reparar o que rompe, comprar produtos locais,... En definitiva invitáronnos a fomentar o consumo responsable e a reutilización de materiais e produtos dirixindo as nosas actuacións ao coidado do medio natural. A deixar un mundo mellor.
Ollade o que co alumnado de 5º fixemos!!
martes, 14 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA
Ola amiguiños e amiguiñas! A pasada semana celebramos a Semana da Prensa.
Cada día chegaban ao cole varios xornais cos que estivemos a traballar. Tanto o periódico e as súas seccións en xeral coma as noticias e as súas partes máis en particular.
Como a Semana da Prensa coincidiu co 8M "Día Internacional da Muller" decidimos resaltar, criticar, valorar ou refacer noticias que levaran coma protagonistas as mulleres.
Outro tema proposto para a elaboración das novas foi o Coidado do Medio para apoiar o proxecto do cole deste ano "NATURARTE".
Cos vosos traballos creamos un periódico do cole "As novas de Garabullo". Queredes lelo?
viernes, 10 de marzo de 2023
Escribir a Biblioteca con 2º polo "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes 2º escolleu o 8M "Día Internacional da Muller" para aprender con nós o que esta data simboliza. Despois da interpretación de Maruxa , deixáronnos unha sorpresa na Biblioteca.
En nome de todo o alumnado do cole, e en honor a todas as MULLERES que loitaron e loitan pola IGUALDADE, achegáronse á BIBLIOTECA para, dun xeito simbólico, "deixar voando" as palabras ESCRITAS que simbolizan os logros dos nosos antepasados, e a nosa promesa de continuar con este cambio.
Escolleron a Biblioteca coma lugar simbólico de aprendizaxe e, a realidade aumentada para apoiar a proposta da ONU para a celebración do 8M que leva por lema: Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER! Maruxa
domingo, 5 de marzo de 2023
OBRADOIRO DE LETTERING
Ola amiguiiños e amiguiñas! Sabedes o que é o "lettering". O letering é a arte de debuxar as letras. Empregando os vosos rotuladores ou incluso con lapis e goma, podedes aprender as técnicas básicas de lettering para poder "Escibir a palabra".
Tamén, aproveitando que estamos na semana do 8 de marzo, animámosvos a facer un pequeno deseño dunha tarxeta, marcapáxinas.... para agasallar a UNHA MULLER IMPORTANTE para vós.
Cando teñamos todos os vosos traballos iremos colgándoos aquí neste blog para que chegue a todas as mulleres importante do mundo. Porque a Biblioteca sabe crear, debuxar, ler e escribir a palabra.