miércoles, 29 de marzo de 2023

AS REPORTEIRAS DE GARABULLO e o coro Vales Mahía

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado sábado 18 de marzo as nosas reporteiras Irene de 5º e Uxía e Xulia de 6º participaron no "Concerto do décimo aniversario do Coro Vales Mahía".

Quixeron achegarnos un pouco do que alí viviron e animarnos a asistir ao seguinte evento que será o 8 de marzo no Autitorio Manuel do Pazo con motivo da Gala da Empanada.

lunes, 20 de marzo de 2023

Booktubers de 5º "Policán"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Antía, Aitor e Raúl os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro. Neste caso en formato cómic: Policán. Queredes sabe de que vai? Pois escoitade aos nosos compañeiros e compañeiras de 5º

domingo, 19 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR CON 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 15 de marzo celebramos no cole o "Día Mundial dos Dereitos do Consumidor". É unha data encamiñada a recoñecer e defender os dereitos do consumidor.

O alumnado de 5º achegouse a todas as aulas para invitarnos a conmemorar esta data dun xeito máis responsable. Falounos do consumo responsable dirixido a adquisición de produtos sostibles e necesarios. Un consumo solidario que xenere menos residuos e respecte o medio ambiente.

A través de distintas actividades baseadas na reciclaxe, reutilización de produtos e coidado do medio ambiente foron facendo obradoiros moi interesantes e moi divertidos.

Aprendemos moitas cousas coma que debemos evitar as compras por impulso, coidar os nosos xoguetes e roupas para que duren máis, procurar reparar o que rompe, comprar produtos locais,... En definitiva invitáronnos a fomentar o consumo responsable e a reutilización de materiais e produtos dirixindo as nosas actuacións ao coidado do medio natural. A deixar un mundo mellor.

Ollade o que co alumnado de 5º fixemos!!


martes, 14 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

 Ola amiguiños e amiguiñas! A pasada semana celebramos a Semana da Prensa.

Cada día chegaban ao cole varios xornais cos que estivemos a traballar. Tanto o periódico e as súas seccións en xeral coma as noticias e as súas partes máis en particular.

Como a Semana da Prensa coincidiu co 8M "Día Internacional da Muller" decidimos resaltar, criticar, valorar ou refacer noticias que levaran coma protagonistas as mulleres.

Outro tema proposto para a elaboración das novas foi o Coidado do Medio para apoiar o proxecto do cole deste ano "NATURARTE".

Cos vosos traballos creamos un periódico do cole "As novas de Garabullo". Queredes lelo?

Grey Newspaper Simple Announcement Press Release Document de Margarita Faílde Porto

viernes, 10 de marzo de 2023

Escribir a Biblioteca con 2º polo "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes 2º escolleu o 8M "Día Internacional da Muller" para aprender con nós o que esta data simboliza. Despois da interpretación de Maruxa , deixáronnos unha sorpresa na Biblioteca.

En nome de todo o alumnado do cole, e en honor a todas as MULLERES que loitaron e loitan pola IGUALDADE, achegáronse á BIBLIOTECA para, dun xeito simbólico, "deixar voando" as palabras ESCRITAS que simbolizan os logros dos nosos antepasados, e a nosa promesa de continuar con este cambio.

Escolleron a Biblioteca coma lugar simbólico de aprendizaxe e, a realidade aumentada para apoiar a proposta da ONU para a celebración do 8M que leva por lema: Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER! Maruxa

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana celebramos o "Día Internacional da Muller". Cada aula traballa esta conmemoración de distintos xeitos: A través da investigación, do conto, da prensa, da creación...
O alumnado de 2º decidiu escoller esta data para compartir con nós o que aprenderon do 8 M. A través da interpretación de Maruxa buscan axudarnos a visualizar unha situación que era moi habitual antigamente e que empeza a cambiar grazas a loita das mulleres do noso pasado e presente pola igualdade.


Maruxa é un conto escrito por Eva Mejuto. Neste conto Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.




domingo, 5 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE LETTERING

 Ola amiguiiños e amiguiñas! Sabedes o que é o "lettering". O letering é a arte de debuxar as letras. Empregando os vosos rotuladores ou incluso con lapis e goma, podedes aprender as técnicas básicas de lettering para poder "Escibir a palabra".

Tamén, aproveitando que estamos na semana do 8 de marzo, animámosvos a facer un pequeno deseño dunha tarxeta, marcapáxinas.... para agasallar a UNHA MULLER IMPORTANTE  para vós.

Cando teñamos todos os vosos traballos iremos colgándoos aquí neste blog para que chegue a todas as mulleres importante do mundo. Porque a Biblioteca sabe crear, debuxar, ler e escribir a palabra.