Mañá luns 25 de novembro celébrase o día da non violencia contra as mulleres. É unha data a ter en conta nas aulas. Un tema moi importatante para a nosa formación como xente do futuro.
Falamos do tema ao longo da semana pasada e seguiremos falando esta semana, agora xa, coa axuda dos libros que expoñemos na entrada do cole.
Ata agora conseguimos berrar, escribir, inventar, buscar,... frases que fixeran máis fácil comprender o significado do 25 de novembro.
Son frases feitas por vós. En realidade son un resumo do que hoxe queremos conmemorar. Agardo que vos gusten. Seguide traballando nesta liña!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
domingo, 24 de noviembre de 2013
jueves, 21 de noviembre de 2013
CLUB DE GARABULLO
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Outro club de lectura agroma na biblioteca.
Club de Garabullo é o club de lectura formado polos nenos e nenas de 3º.
Do mesmo xeito que onte fixeron os rapaces e rapazas de 5º, hoxe, a aula de 3º animouse a iniciar o súa andaina formando o seu club de lectura.
Escolleron, para comenzar, o libro
O corazón do bosque.
Que lle pasará a Raquel para que aquela excursión acabara sendo inesquecible? Que estraño personaxe estaba agochado na súa mochila?
Semana a semana acompañando ao Club de Garabullo iremos dándolle respostas a estas preguntas e descubrindo unha fermosa aventura.
Queredes formar parte dela? Pois estade atentos as novas dos clubs de lectura da Biblioteca de Bandeira.

Club de lectura de 3º
Club de Garabullo
Club de Garabullo
Etiquetas:
2013-2014,
Club de Garabullo,
club de lectura,
cousiñas de Garabullo
miércoles, 20 de noviembre de 2013
AMIGUIÑOS DAS LETRAS
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe quero saúdar aos nenos e nenas de 5º que comezan unha nova aventura.
Amiguiños das letras foi o nome que escolleron para o que, dende hoxe, é o seu club de lectura. Na hora de ler e tras firmar un acordo e unhas regras comprometéronse a ler XOELIKI. Xoeliki é un neno de 11 anos que xoga aos videoxogos e bota horas chateando en Internet.
A vida de Xoeliki é moi rutineira ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo...
Como vedes a aventura de Xoeliki e dos rapaces e rapazas de 5º vaise unir nunha lectura conxunta, divertida e chea de anécdotas que de seguro leremos no Blog.
Estade atentos!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Club de lectura de 5º:
AMIGUIÑOS DAS LETRAS
Etiquetas:
2013-2014,
Amiguiños das letras,
club de lectura,
cousiñas de Garabullo
LINDA Á ESPREITA
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que sorpresas me dades!!
Cada día vexo como vides a biblioteca... Os libros van e veñen e máis dunha vez pregúntome se realmente os ledes con ilusión...se pensades a quen lle leeríades un conto... se aconsellades os contos que vos gustan aos vosos compañeiros e compañeiras...
A semana pasada Aminata, Xián e David de 5º estiveron ollando contos de infantil. Entre os tres prepararon o conto "Linda á espreita". O resultado... déixovolo aquí para que opinedes. Eu somentes podo darlles as grazas por facer que os contos cheguen a infantil dun xeito tan agarimoso. Grazas polo voso tempo e polo voso esforzo. Seguide así. Parabéns!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2013,
5º de primaria,
Contacontos,
cousiñas de Garabullo,
linda a espreita
lunes, 18 de noviembre de 2013
A ESCALEIRA
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que tal? Xa vexo como día a día vides a verme á Biblioteca. A miña caixa empeza a ter suxerencias de películas, de libros que queredes que merque... e ata deixades algún debuxo para min...
Hoxe non vou a poñer nada do que apareceu na caixa de conversascongarabullo.
Hoxe quero que vexades, leades e gocedes con este conto que lle escoitei contar a Carme de 1º. Titúlase A Escaleira da editorial OQO.
Paréceme que é un conto precioso e déixovolo aquí para que poida ser escoitado por todos e todas.
Gracias Carme!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Que tal? Xa vexo como día a día vides a verme á Biblioteca. A miña caixa empeza a ter suxerencias de películas, de libros que queredes que merque... e ata deixades algún debuxo para min...
Hoxe non vou a poñer nada do que apareceu na caixa de conversascongarabullo.
Hoxe quero que vexades, leades e gocedes con este conto que lle escoitei contar a Carme de 1º. Titúlase A Escaleira da editorial OQO.
Paréceme que é un conto precioso e déixovolo aquí para que poida ser escoitado por todos e todas.
Gracias Carme!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2013-2014,
A Escaleira,
Carme Álvarez,
cousiñas de Garabullo
viernes, 8 de noviembre de 2013
CHEGOU O SAMAÍN
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa deixamos atrás o SAMAÍN.
Cabazas e cabaciñas, cuartos e contos de medo para ver e para ler, arañas e arañeiras, bandas de música e cancións de medo, bruxas e curuxas....
Dende o luns 28 ata o mércores 30 a escola vestiuse de arañeiras, de cabazas e de música.
Celebramos o Samaín e pasámolo de medo.
Queredes ver as vosas caras?
Queredes lembrar o que pasou?
Mirade a páxina web do cole e aquí deixo un pequeno album para que vexades algunha foto do que foi o Samaín.
Agardo que vos guste!!!

Slideshow design created with Smilebox |
domingo, 3 de noviembre de 2013
O PRIMEIRO DÍA DA BIBLIOTECA
Ola amiguiños e amiguiñas!!
O día 25 de outubro abrimos as nosas portas. Todos e cada un de vós foi pasando pola biblioteca da escola.
Puidemos ver o video que fixeron os de 6º.
Cantas cousas recordamos e aprendemos!!! Repartimos os carnés, houbo cromos de garabullo para todos e todas, uns fermosos marcapáxinas e os horarios de biblioteca novos para a aula.
Dende hoxe a Biblioteca espera as vosas visitas.
Dende agora as portas da biblioteca están abertas durante o recreo para que levedes os vosos contos, para ler nos tempos de lecer, para buscar información.
Non esquenzades a caixa de conversascongarabullo. Lembrade que é a vosa forma de solicitar aqueles contos ou libros que non teñamos ou para deixar as vosas creacións ou simplemente para contarme todo o que queirades.
Mentres espero as vosas visitas deixo unha pequena imaxe do día en que a Biblioteca abriu as súas portas.
E xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)