Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o Entroido. Chega o tempo do cocido, das orellas e das filloas, dos disfraces e da risa. A época do divertimento!!!
Coma ven sendo tradición na escola, os nenos e nenas de 6º preparan os "atranques" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira e para participar nos IV Encontros do Entroido. Un ano máis iremos a Vila de Cruces a participar xunto con outros centros nun lance de atranques escolares.
Dende a volta das vacacións fomos escoitando como se creaban pequenas batallas verbais nos corredores e na biblioteca, criticando cousas do cole, de Bandeira ou dos propios "xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un grande esforzo, e que terá a súa recompensa o sábado 22 coa paricipación no Alto dos Xenerais de Bandeira e o xoves 20 coa participación nos "Atranques escolares dos Xenerais do Ulla",e desde logo, coa representación que farán pola tarde para todos nós.
Se queredes saber algo máis dos "Atranques" e do "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira non deixedes de pasar pola biblioteca Temos un montón de información para todos vós.
Mostrando entradas con la etiqueta Encontros do Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Encontros do Entroido. Mostrar todas las entradas
martes, 18 de febrero de 2020
lunes, 25 de febrero de 2019
III Encontros Escolares de Entroido
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis tivemos os nosos Encontros Escolares de Entroido, tal coma viñamos anunciando. De momento non colgamos o Alto dos Xenerais infantil porque queremos sorprender ás xentes da Bandeira que queiran pasar a ver o "Noso Alto" o sábado 2 de marzo. Pero si deixamos as fotos dunha xornada que os alumnos de 5º e 6º viviron o pasado mércores en Vila de Cruces.
Divertídevos con elas!!!
Divertídevos con elas!!!
martes, 19 de febrero de 2019
ATRANQUES ESCOLARES DOS XENERAIS DO ULLA
Xa está aquí o Entroido. Escoitamos, nos recreos, coma os maiores preparan, un ano máis, as súas "arengas" para o "Alto dos Xenerais" (o alto infantil, claro está). Coma en anos anteriores compartiremos o noso alto con outros centros que están traballando, coma nós, para conseguir que os Atranques dos Xenerais do Ulla, continúen no tempo. É a nosa tradición e non debemos permitir que se perda.
Este ano foi o CEIP Cerdeiriñas de Piloño o que nos xuntará mañá no Auditorio de Vila de Cruces para celebrar os III Encontros do Entroido. Alí ademáis do noso cole e o de Piloño tamén estarán, coma en outras edicións, o IES Marco do Camballón, o CEIP Nosa Señora da Piedade e o CEIP de Merza.
Tamén contamos coa axuda de asociacións como a Asociación Cultural do Vello dos Cornos, Asociación amigos de Salgueiros e a Asociación Cultural Cornamentas de Piloño; así coma o apoio dos concellos de Vila de Cruces e de Silleda.
Agardamos que sexa unha xornada inesquecible que xa vos contaremos.
Un saúdo e... VIVA O ENTROIDO!
Etiquetas:
Encontros do Entroido,
Entroido 2019,
Entroido da Bandeira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

