Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a Violencia de Xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a Violencia de Xénero. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de noviembre de 2023

A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES contada pola mamá de Xano e Cova

Ola amiguiños e amiguiñas! Nesta semana estivemos a celebrar  o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller". Fixemos pequenas curtas onde imaxinamos situacións violentas onde se critica, controla, insulta.... a unha muller/nena na vida diaria polo feito de ser muller/nena e como poñendo uns lentes de cor violeta as mesmas imaxes cambian e esa crítica, insulto, control pasa a ser admiración, valoración, apoio,...

Foi unha semana na que aprendemos que este día é para celebrar AS MULLERES E AS NENAS que son FORTES E VALENTES e que DEFENDEN OS SEUS DEREITOS.

Para entender mellor esta data a través dos contos, tivemos a sorte de contar con SARA BLANCO, nai de Xano de 1º e de Cova de 4º, que pasou con nós a "Hora de Ler" e contou "A historia dos bonobos con lentes". Tívonos moi enganchados, aprendemos moito e pasámolo xenial. Agora para conmemorar esta data compartímolo con todos vós. Agardamos que vos guste!!! Grazas Sara!!!

domingo, 22 de noviembre de 2020

LECTURAS PARA O 25 de novembro

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chega o 25 de novembro, unha data que non debemos de deixar pasar. Xa sabemos que a ides a traballar na aula con todos os mestres e mestras, así coma con algún especialista. Dende aquí propoñémosvos unhas lecturas que nos parecen moi interesantes e divertidas.
Mirádeas e xa nos contaredes!!
Un saúxo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

miércoles, 14 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de Novembro

     Un bo xeito de achegarse a este tema que tanto nos arrepía é a través da lectura.
     Xa podedes atopar os contos con esta temática na entrada do cole.



miércoles, 25 de noviembre de 2015

Tod@s contra o maltrato

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe celebramos unha data especial: O Día contra a Violencia de Xénero.
A través de Todos contra o maltrato os nenos e nenas de 6º comezan unha actividade  que terá o seu remate o Día da Paz.
Un vídeo que quere facernos cavilar na forza da palabra, dos xestos, das actitudes... ollemos un vídeo que non pode deixarnos indiferentes.
Esta é a presentación que os rapaces e rapazas de 6º fan do seu vídeo:


DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Considérase violencia de xénero ao maltrato contra a muller por selo.

Queremos mostrarvos un vídeo no que participamos os alumnos e alumnas de 6º para conmemorar esta data. Na realización do mesmo,  serviunos de inspiración un vídeo contra o acoso escolar,  titulado: El poder de las palabras.

Actualmente a gran maioría da sociedade considera inxustificable calquera agresión física, que ademais de verse facilmente, pode deixar marca; pero a violencia ten un sentido moito máis amplo.

Nós centrámonos no poder que teñen as palabras para facer dano  á persoa, neste caso á muller.

Este vídeo ten unha segunda parte que consiste na representación das mesmas escenas, pero de forma respectuosa. Realizaremos este traballo desde agora,  ata o Día da Paz".

Parabens rapaces e rapazas por un fantástico traballo que ansiamos ver rematado!!!