Hoxe celebramos unha data especial: O Día contra a Violencia de Xénero.
A través de Todos contra o maltrato os nenos e nenas de 6º comezan unha actividade que terá o seu remate o Día da Paz.
Un vídeo que quere facernos cavilar na forza da palabra, dos xestos, das actitudes... ollemos un vídeo que non pode deixarnos indiferentes.
Esta é a presentación que os rapaces e rapazas de 6º fan do seu vídeo:
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
"Considérase violencia de xénero ao maltrato contra a
muller por selo.
Queremos mostrarvos un vídeo no que participamos os
alumnos e alumnas de 6º para conmemorar esta data. Na realización do
mesmo, serviunos de inspiración un vídeo
contra o acoso escolar, titulado: El
poder de las palabras.
Actualmente a gran maioría da sociedade considera
inxustificable calquera agresión física, que ademais de verse facilmente, pode
deixar marca; pero a violencia ten un sentido moito máis amplo.
Nós centrámonos no poder que teñen as palabras para facer
dano á persoa, neste caso á muller.
Este vídeo ten unha segunda parte que consiste na
representación das mesmas escenas, pero de forma respectuosa. Realizaremos este
traballo desde agora, ata o Día da Paz".
Parabens rapaces e rapazas por un fantástico traballo que ansiamos ver rematado!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario