domingo, 20 de junio de 2021

DIGICRAFT DESPÍDESE AO GRANDE!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Remata o curso e as actividades que con el comezamos como é o caso do proxecto Digicraft, aínda que agardamos continuar con el para o vindeiro ano. 

As últimas sesións foron máis divertidas dirixidas a coñecer o "Sphero" e outras facetas do Kit de Digicraft como foi a de interpretar distintas composicións músicais... Cousa que aproveitamos para meterlle o gusaniño de Digicraft ós máis pequenos!!

Empezamos con "Indiana...bot. Coñecendo a Sphero"


Sal se podes!!


Xilófono de chan

SEGUIREMOS SEMPRE FACENDO CAMIÑO!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos rematando o curso  e polo tanto os nosos proxectos... Aínda así vós seguides insistindo en facer rutas e tramos do Camiño de Santiago!! Neste caso, o alumnado de 6º conseguiu sairse co seu e fixo unha ruta ata o "Muiño de Covián". Seguiremos Facendo Camiño.

QUEN É LADYBUG?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Quen é Ladybug? Xa sabemos que todos os nenos e nenas desta escola saben quen é!! O que non temos tan claro é que o saiban os nosos maiores... Cando falamos de Ladybug nunca saben de quen falamos... Así que Yesi de 2º decidiu facer un podcast na radio para contarlle a todos e todas os que non o saiban quen é esta rapaza capaz de converterse nunha "Xoaniña" para salvar ó mundo...

Escoitade a Yesi contándonos: Quen é Ladybug?

lunes, 14 de junio de 2021

EDUCACIÓN INFANTIL FACENDO CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso está a piques de rematar e tamén as actividades que se están a facer na nosa escola.

O pasado 8 de xuño os nenos e nenas de infantil fixeron o percorrido que vai dende Bandeira ata a Capela de San Blas. Con esta andaina completaron os 19 kilómetros que forman o camiño ao seu paso polo Concello de Silleda. Ollade que ben o pasaron coñecendo a súa contorna!!

domingo, 13 de junio de 2021

OBRADOIRO DE POESÍA DE 6º

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 6º realizou un Obradoiro de poesía na aula.

Despois de ler e aprender moitas cousas deste novo xénero literario decidiron lanzarse e crear os seus propios poemas. Hoxe deixáronnos aquí o resultado do seu traballo. Rima, ritmo, emocións, sentimentos,ideas,... todo recollido na obra dos vosos compañeiros e compañeiras de 6º.



Obradoiro de Poesía de 6º

jueves, 10 de junio de 2021

FACENDO CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de 1º estiveron investigando sobre o Camiño de Santiago e fixeron un listado de consellos para o peregrino en tempo de COVID. A medida que facían o traballo comezaron a xurdir outras dúbidas, así que decidiron facer un libriño onde recoller un resumo das cousiñas que aprenderon acerca do Camiño de Santiago.

Un traballo moi interesante que rematou cunha andaina por un tramo do Camiño de Santiago e a visita dun albergue "Casa Leiras", albergue dirixido polos papás de Zoe e Gaia. Alí conseguiron unha simbólica credencial de "Peregrinos de Facendo Camiño" entre outras cousas que completaron unha xornada inesquecible e divertida.


Facendo camiño 1º

LECTURAS DE 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe traemos lecturas compartidas. O alumnado de 5º, coa axuda de Mª Jesús a mestra de PT, creou, redactou, debuxou e leu a outros cursos contos escritos por eles mesmos. Con esta actividade non só se traballou a lectura, senón a expresión oral e escrita, a composición de textos e a lectura en voz alta. Lecturas compartidas e sempre respetuosas coas medidas de seguridada derivadas do COVID.


martes, 8 de junio de 2021

1º E 2º FAN O CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguñas!! O venres 4 de xuño os nenos e nenas de 1º e 2º foron dende Bandeira a Dornelas para vivir en primeira persoa un tramo do Camiño de Santiago. Coma os seus compañeiros de outros cursos armáronse con luvas e bolsas para ir recollendo o lixo que atoparon ó seu paso.

A excursión rematou en Dornelas, no Albergue Casa Leiras e grazas a Andrea e Cristina, os seus donos, e pais de Zoe e Gaia, puideron ver o albergue e entrevistar a Cristina que lles contou moitas cousas e curiosidades do Camiño de Santiago, dos peregrinos e dos Albergues.


lunes, 7 de junio de 2021

A ZOWIDANZA

Ola amiguiños e amiguiñas!! As actividades de DIGICRAFT xa casi están rematando. Entramos nas últimas sesións nas que os protagonistas son os robots. Nesta ocasión os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º estiveron coñecendo a Zowi un robot moi divertido, aprenderon a programalo e a poñelo a bailar... 


3º, 4 e 5º FACENDO CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Continúan as saídas e as pequenas excursións para coñecer pequenos tramos do camiño que pasan pola nosa contorna. Nesta ocasión tocoulle ós compañeiros e compañeiras de 3º, 4º e 5º que o martes 1 de xuño fixeron un tramo dende O Foxo e Bandeira. A experiencia moi divertida ademais de exemplar, pois armáronse con luvas e bolsas e foron recollendo o lixo que atoparon polo camiño. Ollade os paraxes tan fermosos que visitaron!!


domingo, 6 de junio de 2021

4º FACENDO CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Continúan chegando os vosos traballos do Camiño de Santiago.

Nesta ocasión da man dos compañeiros de 4º que convertéronse en investigadores do Camiño e trouxeron dúas curiosidades moi interesantes:

Por unha banda unha receita relacionada co camiño para lamber os dedos:

Tamén estiveron ollando a prensa e as novas relacionadas co camiño para traernos unha noticia moi diferente, unha nova que lle pon música ó Camiño de Santiago:

sábado, 5 de junio de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe 5 de xuño celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente". Esta celebración ten a finalidade se sensibilizar á poboación mundial da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto polo medio ambiente.

Os nenos e nenas de 1º quixeron conmemorar e seguir o lema que se propón "Reimaxina, recupera e restaura". Aproveitan esta data para contribuír a mellorar o noso entorno, para facer as paces coa natureza e para amosar que todas as cousas que facemos no cole pódennos converter en axentes activos na protección e coidado do medio ambiente, e así o amosan neste vídeo.


martes, 1 de junio de 2021

Despedida de "As novas á Hora de Comer"

 Hoxe tocou a despedida do programa de "As novas á Hora de Comer e curiosidades do tempo de lecer". Non será o último programa deste ano, pero si deste curso.

Uxía de 4º e Esther de 5º prometen voltar o vindeiro ano con máis novas e curiosidades. Como curiosidade, hoxe contamos coa visita de Íker de 5º e Irene e Érika de 4º que se achegaron ó estudo de Radio Garabullo para rendirlle unha pequena homenaxe ós compañeiros e compañeiras de 6º.