Mostrando entradas con la etiqueta 5º (2013-2014). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º (2013-2014). Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de junio de 2014

Kamishibai de Díaz Castro

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Recordades que nas letras galegas os compañeiros de 5º invitaron a toda a escola a biblioteca? Lembrades que durante uns días á "Hora de Ler" foron contandonos a vida dun señor?
Estou marabillado por como facedes todo con tanta ilusión e como o recibides. Ao longo de varias sesións vin como empregando o Kamishibai os nenos e nenas de 5º contaban a biografía de Díaz Castro a toda a escola, dende infantil ata 6º. Foi un traballo duro, pois o Kamishibai non é doado de manexar. Pensar en falar dun autor contando a súa vida é un grande reto... O resultado foi fantástico.
Queredes velo? Pois xa sabedes dádelle ao play!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 19 de mayo de 2014

5º Libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos liberando os poemas. O mércores 14 de maio os nenos e nenas de 5º recitaron poemas do libro Recendos de aire sonoro de García Teijeiro. Nesta ocasión uns recitaron sos, outros en parellas pero, todos fiando nun mesmo tema cun distinto son. Fantásticos coma todos e todas ata agora, e coma todos co seu toque diferente e persoal.
Sodes fantásticos e cada día síntome máis orgulloso de ser a mascota desta biblioteca do CEIP DE BANDEIRA.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 3 de abril de 2014

Club de lectura de 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os rapaces e rapazas de 5º estiveron lendo Xoeliki, foi o libro escollido no seu club de lectura "Amiguiños das letras". Aproveitando que xa o remataron, sumáronse ás "recomendacións de lectura" iniciadas por Xoana o día 2 de abril.
Queredes saber a súa opinión de Xoeliki? Pois non perdades este video onde deixan recollidas as súas impresións.
Ata a seguinte recomendación!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 9 de marzo de 2014

8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 
Hai moitos anos, Clara Zetkin unha política alemana e loitadora polos dereitos da muller, propuxo o 8 de marzo para reclamar os dereitos civís, políticos e económicos de todas as mulleres.
Clara Zetkin escolleu esta data para honrar a un grupo de traballadoras estadounidenses que en 1857 ocuparon unha fábrica textil de Nueva York, esixindo igualdade salarial e xornadas laborais de 10 horas. A resposta dos donos foi un incendio provocado na planta baixa onde morreron moitas mulleres.
Hai máis versión da orixe desta data como o amotinamento dun grupo de mulleres rusas o 8 de marzo de 1917 debido á escaseza de comida... 
O certo é, que aínda non deixando claro cal é a orixe do 8 de marzo, si sabemos que esta data que o sábado celebramos, non busca outra cousa que a igualdade entre homes e mulleres.
Ao longo da semana pasada un grupo de rapaces e rapazas de quinto estiveron aprendendo cousas do Día Internacional da Muller Traballadora e aquí deixamos recollido o que podedes ver na entrada do cole e aqueles contos que poden axudar a entender esta celebración.



Parabéns aos de 5º polo seu traballo e seguide así.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!