Mostrando entradas con la etiqueta 25-11-2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25-11-2025. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de diciembre de 2025

PODCAST 25N

Ola amiguiños e amiguiñas"" A pasada semana celebramos o 25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 

Un mural co lema "Florece e medra libre" e as cancións que nos dan a forza para facelo foron os pasos a seguir este ano. Tiñamos que rematar este traballo presentando estas cancións en Radio Garabullo e falando cunha pequeno representación de cada aula. As locutoras do podcast: Martina, Lola, Lucía e Henar de 5º. 

Infantil propuxo "Varre Vasoira" de Fillas de Cassandra.


1º de Primaria propuxo "A porta violeta" de Rozalén.


2º de Primaria propuxo "Vivir mi vida" de Marc Anthony


3º de Primaria propuxo "Que non mo neguen" das Tanxugueiras


4º de Primaria propuxo "Madre Tierra" de Chayanne


5º de Primaria propuxo "Son Muller" de Máis boas cas patacas


6º de Primaria propuxo "No dejaré de quererte" de Dani Fernández

jueves, 27 de noviembre de 2025

FLORECE E MEDRA LIBRE COA MÚSICA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como xa sabedes entre todos escollemos unhas cancións fantásticas para celebrar o 25N. Todas elas seguindo o lema "Florece e medra libre". Cada clase tivo o seu motivo. Todas animan a seguir adiante con forza e así o sentimos o martes cando todos xuntos celebramos o 25N "Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller" .

lunes, 24 de noviembre de 2025

25 N: FLORECE E MEDRA LIBRE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Este día serve para lembrar que todas as persoas debemos tratar ás demais con respecto, cariño e igualdade. As nenas e as mulleres teñen dereito a vivir libres, seguras e felices, e nós tamén podemos axudar a conseguir un mundo mellor sendo xustos, apoiándonos e falando sempre con respecto.

“Florece e medra libre”

Este ano, no cole todo o alumnado participou na creación dun mural moi especial

Baixo o lema “Florece e medra libre”, fixemos dúas flores enormes. En cada un dos seus pétalos escribimos letras de cancións que animan ás mulleres a florecer, crecer, ser fortes e confiar en si mesmas.

O mural lembra que, igual cas flores, todas as persoas necesitamos coidado, apoio e liberdade para medrar. Quedou precioso grazas ao traballo de todas as aulas!

Para acompañar esta conmemoración, dende a biblioteca recomendamos un conto moi especial: Maruxa de Eva Mejuto. É unha historia chea de simpatía e humor que nos fala do inxenio que ten Maruxa para acadar a igualdade. Un libro perfecto para ler en familia ou na aula. Aos compañeiros de 1º e 2º de primaria encantoulles!!