Mostrando entradas con la etiqueta 11-02-2026. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 11-02-2026. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de marzo de 2026

MULLERES GALEGAS QUE FAN CIENCIA

Ola amguiños e amiguiñas! A pasada semana no cole celebramos dúas datas moi importantes: o 8M, Día Internacional da Muller, e o 11F, Día da Nena e da Muller na Ciencia. Para unir estas celebracións creamos unha actividade especial dedicada ás mulleres galegas científicas.

O alumnado de 5º de Primaria investigou sobre diferentes científicas de Galicia que, co seu traballo e dedicación, están a contribuír a mellorar o mundo no que vivimos. Descubriron quen son, a que se dedican e por que o seu traballo é tan importante.

Con toda esta información elaboraron unha ficha resumida para compartir co resto do cole e axudarnos a coñecer mellor o papel das mulleres na ciencia.

No seguinte vídeo podedes descubrir algunhas destas mulleres galegas científicas e coñecer porque son tan importantes.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!

viernes, 13 de marzo de 2026

MULLERES CIENTÍFICAS E GALEGAS - 8M & 11 F

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Esta semana celebramos no cole o 8M, Día da Muller, que decidimos unir co 11F, Día da Nena e da Muller na Ciencia, para formar o DÍA DAS MULLERES CIENTÍFICAS E GALEGAS.

Da man do alumnado de 5º de Primaria e do seu mural entramos en contacto con MULLERES GALEGAS fundamentais para o desenvolvemento do mundo actual.

Como o que máis nos gusta é xogar... e os nenos e nenas de 5º diso saben moito, fixeron unhas cartas de parellas das "Mulleres científicas galegas" para realizar xogos de memoria. Por outra banda, para primaria ampliáronas con datos biográficos. Deixáronnas no espazo de xogo e calma das escaleiras.

O martes tivemos a presentación de todo o traballo que rematará cun programa de radio especial: unha entrevista a Marisol Soengas. Nacida en Agolada, Marisol é unha cientírfica bióloga galega, especializada na microbioloxía molecular.  É unha prestixiosa investigadora a nivel mundial na loita contra o melanoma, o tipo de cancro de pel menos común paro o máis letal. É directora do Grupo de Melanoma, no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.

As reporteiras de Radio Garabullo tiveron a sorte de poder facerlle unha entrevista no mes de xaneiro en Lalín. A entrevista pronto a poderedes escoitar. Mentres, deixámosvos cun resumo da nosa celebración do 8M & 11F.

miércoles, 11 de marzo de 2026

Vega fixo a reportaxe deo 8M e do 11F

 Ola, amiguiños e amiguiñas!

Hoxe na escola, da man de 5º de primaria, celebramos o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A encargada de facer a reportaxe foi Vega Lalín, tamén de 5º de Primaria, que despois foi ata a biblioteca para facer a montaxe das fotos e amosarnos o resumo da xornada.