Mostrando entradas con la etiqueta 5º (2016-2017). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º (2016-2017). Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de mayo de 2017

Charla con Antonio Manuel Fraga

Unha vez máis o escritor Antonio Manuel Fraga estivo na escola para falar cos nenos e nenas de 5º e 6º do Castañeiro de Abril. Neste conto, Buto, un zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado sempre do seu can, Barriga Branca, tenta xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición do Castañeiro suporá unha serie de cambios que farán que non deixes de ler o libro ata rematalo.
Antonio Manuel Fraga falou cos vosos compañeiros da súa obra e deste conto en especial, dos personaxes, da historia,... aquí podedes ver un anaquiño dunha mañá inesquecible.



miércoles, 24 de mayo de 2017

A PRINCESA DO COUREL

Aroa de 5º pasou a "Hora de Ler" cos nenos e nenas de infantil un día máis. Nesta ocasión escolleu o conto A princesa do Courel. Un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición dos contos: gato, can, pau, lume, auga… Un conto ideal para que os nenos aprendan a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.


 

domingo, 7 de mayo de 2017

ARTETERAPIA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os papás e as mamás seguen a vir ao cole a contarnos moitas cousas e a facer talleres con todos vós. A pasada semana tocoulles aos nenos e nenas de 2º e 5º de Primaria que participaron nun obradoiro de ARTETERAPIA. Beatriz Mosquera, nai de Dante de 2º e de Kimberly de 5º, ensinoulles novas técnicas para traballar con cartolina. Fixeron postais para agasallar ás mamás nun día tan fermoso coma hoxe. Foi un placer contar coa súa colaboración e axuda!!! Moitiiiisimas grazas!!!!
Agora ollade as postais tan fermosas que fixeron e o ben que o están a pasar!!




jueves, 4 de mayo de 2017

O GRAN LIBRO DO AMOR

Kimberly de 5º sabe que hai moita xente á que querer: ás nais, aos pais, aos avós, aos amigos... e para que todos o lembremos e que os pequerrechos non o esquezan nunca leulles este conto. O gran libro do AMOR.


miércoles, 26 de abril de 2017

CONCURSO DE CÓMIC

Ola  amiguiños e amiguiñas!!
Un ano máis o Concello de Silleda invitou aos nenos e nenas da escola a participar nun concurso de cómic. O tema a traballar era a solidaridade.
Os nenos e nenas de 5º e 6º amosaron interese e ilusión por participar na actividade. Documentáronse con libros da biblioteca de como facer un cómic, asesoráronse con mestres e elaboraron os seus traballos en pequenos grupos.
En primer lugar darlle a noraboa a todos pola súa participación e pola motivación e ilusión que puxeron nesta actividade.
Felicitar tamén a Pablo, Axel e Lois de 5º pola seu cómic "A historia de Poliño" que gañou o premio á mellor ilustración pola categoría de primaria. PARABENS RAPACES!!!
Aínda que as fotos dos cómics saíron un pouco borrosas, deixo aquí unha mostra dos traballos elaborados por 5º e 6º.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


lunes, 12 de diciembre de 2016

LECTURAS 25 DE NOVEMBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como sabedes ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron contando contos polas aulas para axudarnos a entender e conmemorar o "Día Internacional contra a violencia de xénero".
Dende as aulas pouco a pouco fomos recollendo as cousas fermosas que podemos aportar para axudar a quen sexa víctima da violencia de xénero e fixemos o noso MURAL de "Se loitas podes atopar..."
Aquí o resultado do voso traballo... e como non? Os contos que os nenos e nenas de 5º e 6º foron gravando na Biblioteca para todos nós.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!