martes, 22 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!! O Día Mundial da Poesía celébrase cada ano o 21 de marzo. Nesta data conmemoramos unha das formas máis preciadas da expresión da humanidade. 

A poesía foi practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, emprégase para darlle vida ás nosas emocións. 

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar a poetas, para revivir tradicións orais de recitales de poesía, para traballar a escritura e a ensinanza da poesía e nós queremos dedicarllo a dous grandes poetas da nosa contorna. Xosé Luna e Charo Golmar e aos seus poemarios:





Traballaremos cos seus poemarios nas vindeiras semanas achegándonos ás súas emocións, estudando os seus poemas e aprendendo a recitalos de todos os xeitos, como fixeron os nenos e nenas de 4º en Radio Garabullo para conmemorar esta data tan importante para nós e para as bibliotecas.

lunes, 21 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabedes que celebramos hoxe? O "Día Internacional dos Bosques". No noso cole levamos moito tempo preocupándonos pola contorna. Son moitas as accións que facemos: reciclaxe, compostaxe, temos un horto,... e tamén ao longo dos anos fomos recuperando zonas da contorna do cole para plantar todo tipo de árbores, e así crear a nosa "Aula da Natureza", onde aprendemos moitas cousas da plantación e o coidado das distintas especies.

Este ano grazas ao proxecto "Fortes coma árbores" estamos investigando as árbores da nosa plantación, a importancia das distintas especies e como recuperar aquelas que por diversas situacións non van adiante. Hoxe deixamos a aula para achegarnos ós patios a repoñer aquelas especies que, por distintos motivos, non chegaron a agromar todo o ben que nós esperábamos.





SEMANA DA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Entre o 7 e o 11 de marzo celebramos a Semana da Prensa. Como é costume no noso centro mercamos todo tipo de xornais e traballamos con eles de distintos xeitos. Cada ano novas ideas e novas formas de traballar... E tamén novas propostas para o traballo diario de aula. Queredes saber o que se fixo en primaria nesta semana? Pois dádelle a "play".

martes, 15 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE RADIO CON "PONTES NAS ONDAS"

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado venres os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º contaron coa visita da xente de "Ponte nas Ondas" cos que aprenderon moitas cousas dos programas de radio e da súa edición. Ata chegaron a crear o seu propio programa que, coma todos os programas da radio, será emitido por Radio Garabullo para o comedor da escola.


domingo, 13 de marzo de 2022

ALTO DOS XENERAIS

Ola amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes unha das cousas que máis nos gusta celebrar neste cole é o Entroido. Dende finais de decembro, principios de xaneiro os maiores do cole comezan a prepararse para o Alto dos Xenerais Infantil coa axuda de José. Escriben as súas arengas buscando os puntos febles tanto dos compañeiros coma do colexio, do pobo ou da contorna.

A preparación é longa: escribir arengas, memorizalas, interpretalas, preparar as roupas,... Pero compensa! Non hai nada coma a emoción de participar no Alto dos Xenerais Infantil de Bandeira.

Este ano, tamén contaron coa sorte de ser invitados polo CEIP Xoaquín Loriga de Prado a vivenciar o froito do seu traballoe coma sempre tamén fixeron o "Alto" para todos nós na entrada do cole.

Queredes velos outra vez?

Pequeno resumo dos Altos escenificados polos Xenerais do colexio no Entroido 2022

Atranque dos Xenerais do colexio celebrado o xoves 24 de febreiro 2022

miércoles, 9 de marzo de 2022

FELIZ DÍA DA MULLER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte recibimos un panel enorme que loce nas escaleiras dos cole. A partir dunha foto de cada un de vós, fixemos un fermoso cartel que amosa que neste cole, nenas e nenos medramos unidos por un mesmos desexo de igualdade.  que sabemos traballar con respecto, somos coñecedores de que todas e todos temos os mesmos dereitos e oportunidades. Aquí queda o cartel para que vos busquedes formando parte deste traballo do Día Internacional da muller.





martes, 8 de marzo de 2022

8M Galegas na Ciencia

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Internacional da Muller". Xa sabemos que cada aula a traballa de xeito distinto dependendo da idade e os intereses de cada un. Os nenos e nenas de 2º quixeron deixarnos unha proposta para chegarnos as "Galegas Científicas" tan pouco coñecidas por nós.

Tamén aproveitaron para contarnos o que saben do 8M e para falarnos de María Tarsy Carballas, xa que está relacionada co noso proxecto. Tarsy era edafóloga, é dicir, unha investigadora dos solos e buscaba a pronta recuperación destos despois dos incendios.

Ollade o que vos propoñen os vosos compañeiros e compañeiras de 2º

8 DE MARZO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día da Muller". É un tema que traballaredes nas aulas de distintas formas: investigando, debatendo, con pequenas lecturas e creacións artísticas, a través de películas,...

Nós na Biblioteca celebrámolo seguindo o noso lema deste ano "Fortes coma árbores". Coma a árbore que agromou hoxe na entrada do cole para presentar a MULLERES BRAVAS e loitadoras. Para apoiar as nosas lecturas bases do crecemento, da madurez, da igualdade, do respecto...

Contribuímos tamén co tema proposto para conmemorar esta data  "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", xa que dende aquí, todas e todos queremos colaborar coa loita contra o cambio climático e construír un futuro máis sostible para todas e todos.