Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso está a rematar, pero aínda quedan traballiños vosos para ir colgando por aquí. Esta semana Florentino de 5º de infantil visitou a nosa emisora con Irene de 6º. Quería contar un conto escrito e ilustrado por el en Radio Garabullo. Queredes escoitalo?
viernes, 21 de junio de 2024
miércoles, 12 de junio de 2024
PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER 5
domingo, 2 de junio de 2024
Máis "Contos" de 2º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos cos contos feitos polo alumnado de 2º. Hoxe toca escoitar tres minicontos fantásticos e imaxinativos, feitos de xeito cooperativo, escritos e ilustrados por eles mesmos. Son os contos que foron contando a todos polas aulas e hoxe gravaron na radio. Pronto deixaremos un vídeo testemuña desta actividades. Non deixedes de escoitalos!!
Conto de Alí, José e Lía Oro "El León Bueno"
jueves, 30 de mayo de 2024
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO CON CRISTINA COLLAZO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Gracias a Radio na Biblio tivemos a sorte de contar con Cristina Collazo que estivo co alumnado de 4º facendo unha formación e con todos os mestres do cole. Aprendemos moito dun xeito moi divertido.
A través de distintas dinámicas aprendemos a modular a voz, a prepararnos para un programa de Radio, a improvisar , a transmitir emocións,...
Pasámolo xenial!!
viernes, 17 de mayo de 2024
ENTREVISTA A LUÍSA VILLALTA
miércoles, 15 de mayo de 2024
PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER 4
O "Conto" de Clara, Gabriel e Hugo de 2º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades unha das cousas coas que
eu, Garabullo, gozo? É ollándovos na biblioteca collendo contos, xogando,
debuxando, facendo chapas, investigando... En definitiva dádolle vida ao
meuespazo preferido: A biblioteca!! Pero cando sodes vós, os nenos os que
creades cousiñas aínda estou máis feliz e orgulloso.
A pasada semana os nenos e nenas de 2º pediron ir á radio para
gravar contos e receitas creadas por eles. Fun a mascota da biblioteca máis
feliz que poidades imaxinar e aquí tedes un dos contos. O conto de Blue escrito
e lido por Clara, Hugo e Gabriel de 2º.
BATIDO DE PLÁTANO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta ocasión quen se achegou aos estudos de Radio Garabullo foi Daniel de 2º para aconsellarnos unha merenda saúdable e moi fácil de facer. Ademais penso que estará boísima. Escoitade!!
viernes, 10 de mayo de 2024
ENTREVISTA A ÉRICA ESMORÍS
Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º representado por Izan, Martín e Uxía decidiron facerlle unha entrevista a Érica Esmoría aproveitando unha visita ao centro.
Gañadora do Premio cidade de Málaga polo libro "Patio de Luces", libro que está a ler o alumnado de 3º. e Premio Merlín 2025, pola novela "Nena e o mar" que están a ler os nenos e nenas de 4º.
Foi unha charla moi amena e divertida onde Érica abriuse aos nosos reporteiros e contoullo moitas cousas dos seus libros e dos seus futuros proxectos.
miércoles, 13 de marzo de 2024
PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER
Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer". Os vosos compañeiros de 4º Izan, Mathías, Martín e Andrés subiron á emisora para felicitar a todos os que naceron nos meses de xaneiro e febreiro ademais de contar as novas do cole.
domingo, 18 de febrero de 2024
LECTURA E FAMILIA
Ola amiguiños e amiguiñas! Unha vez máis estamos aquí para agradecer ás familias as súas visitas as aulas para contar contos de amizade e paz. Tamén para compartir coas aulas dos pequenos lecturas, parladoiros e xogos relacionados con todo aquelo que dominan. Así ao longo destes meses tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca a :
Fátima a nai de Martín de 2º. contoulles o conto Un huevo muy bueno de Jory John. unha historia divertida e encantadora para lembrar a importancia e o coidado de cada un de nós e a aceptación dos que queremos.
Tamén estivo por aquí Bea a nai de Eloi de 6º. Falaron do Entroido e mantiveron un parladoiro dos perigos que esconden as redes sociais.
Outra visita que nos gustou moito foi a de Iago, primo de Noela de 5º. Achegouse a nosa radio para falarnos dunha das súas aficións e case traballo: O Balonmán. fixémoslle unha entrevista en Radio Garabullo e despois recibiron unha sesión de entrenamento.
A nosa última visita. ata o de agora, foi Yolanda a nai de Laura de 1º de primaria e de Lucía de 3 anos. compartiu con todo o alumnado de infantil e 1º La gran fábrica de las palabras de Agnes de Lestrade e de Valeria Docampo da editora Tramuntana. Unha lectura de amor e amizade que nos engachou ata o último momento.
viernes, 16 de febrero de 2024
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 13 de febreiro foi o "Día Mundial da Radio" e a nosa radio: Radio Garabullo, celebrouno moito co Entroido e os seus programas foron emitidos tanto en Radio Voz coma en Ponte nas Ondas. Para Radio Garabullo é un orgullo poder escoitarvos noutras radios. Sodes os mellores locutores do mundo e se queredes ver os vosos programas picade na imaxe:
Radio Voz no programa de Amelia Ferreiroa "Voces do Deza" emitido o luns 12 de febreiro, tedes que picar aí, no 12 de Febreiro de 2024:Ponte nas Ondas, non esquezades picar na imaxe e na parte que se corresponde co noso cole:
lunes, 12 de febrero de 2024
RADIO GARABULLO EN RADIO VOZ
Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o día . Hoxe en Radio Voz no programa de Amelia Ferreiroa "Voces do Deza" podedes escoitar dúas entrevistas. Unha feita por Mariña e Izan de 4º a Xosé Filloy para saber máis dos Baldréus. Outra feita polo alumnado de 6º a Xosé Casal acerca do Alto dos Xenerais de Bandeira. Ambas podedes escoitalas a partir da unha.
jueves, 8 de febrero de 2024
José e o Entroido de Bandeira
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como todos os anos o alumnado deste cole participa no Alto dos Xenerais Infantil. Coma todos os anos mañá temos o Alto en primicia para nós. E coma todos os anos José axuda a asociación do Entroido á preparación do Alto Infantil. Se ademais temos en conta que o vindeiro día 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e piden que fagamos algún programa de radio relacionado co Entroido... Xuntamos todo e invitamos a José para facerlle unha entrevista sobre o Entroido. Os encargados de facela foron os nenos e nenas de 6º e foi unha mañá moi divertida e entrañable na que aprendemos moito do Entroido. Non deixedes de escoitala!!
ENTROIDO GALEGO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis entramos no Entroido acompañados de investigación e creación. Non só recreamos os sombreiros e máscaras de Entroidos moi famosos coma son o de Cobres, Laza, Verín ou o noso de Bandeira, senón que tamén investigamos e quixemos contar en Radio Garabullo todo o que descubrimos. Non volo perdades!!
LECTURA E FAMILIA: Unha charla con Iago
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabede estamos dentro dun proxecto que se chama "Ler en Familia" e unha das vosa compañeiras, Noela de 5º, invitou ao seu primo Iago a vir a falar con nós do que sabe: Do balonmán.
Os nenos e nenas de 5º pasaron unha xornada estupenda falando e practicando balonmán e como non aproveitando a ocasión para entrevistar a este porteiro tan divertido. Escoitade:
martes, 6 de febrero de 2024
INVESTIGANDO SOBRE OS BALDRÉUS CON MARIÑA E IZAN DE 4º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Algún de vós escoitou falar algún día dos Baldréus? Son figuras do Entroido de Silleda que están empezando a agromar. O vindeiro xoves virán ata o cole a facernos unha visita. Unha das súas peculiaridades é que non falan así que Mariña e Izan andiveron investigando como aprender cousas dos Baldréus e chegaron a Xosé Filloy, moi coñecedor deste Entroido. Así que, colleron os seus chalecos de reporteiros e a gravadora e foron a Silleda a entrevistalo. Queredes saber o que lles contou? Escoitade!!
viernes, 2 de febrero de 2024
XA CHEGA O ENTROIDO
Ola garabulliños e garabulliñas!! Lía Enriquez e Mateo estiveron polos estudos de Radio Garabullo emitindo un pequeno podcast.
O vindeiro venres será a festa do Entroido no cole e queren pinchar música para o patio do cole. Xa saben algúns temas que van a poñer, pero tamén queren contar con vós e os vosos consellos. Escoitade!
martes, 16 de enero de 2024
PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o 2º programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".
Darío, Carla, Noa e Anny de 4º achegáronse aos estudos de Radio Garabullo para felicitar a todos os nados no mes de novembro e decembro e para contar as últimas novas do cole.
Queredes saber que contaron? Pois dádelle ao play!!
jueves, 21 de diciembre de 2023
CONSELLOS DE NADAL
Ola amiguiños e amiguiñas!! Os compañeiros e compañeiras de 2º decidiron ir á emisora de Radio Garabullo para facer as súas primeiras incursións na Radio e deixar uns conselliños de cara ao Nadal. Deixaron uns consellos moi interesantes. Non deixedes de escoitalos!!
.jpeg)













.jpeg)
