sábado, 30 de mayo de 2026

PROGRAMACIÓN SCRATCH para 3º ciclo

Ola amiguiños e amiguiñas! O alumando do 3º ciclo participou o venres  nun dos obradoiros do programa Rural TIC, unha iniciativa impulsada por Ineco e promovida polo Concello de Silleda para continuar achegando a tecnoloxía e as competencias dixitais ao rural.

Nesta ocasión, o alumnado de 5º e 6º de primaria, puido achegarse ao mundo da programación a través de Scratch, unha ferramenta educativa coa que aprenderon, dun xeito divertido e creativo, os primeiros pasos da programación informática.

Durante a sesión realizaron pequenas actividades e retos adaptados á súa idade, desenvolvendo a lóxica, a creatividade e o pensamento computacional mentres aprendían xogando.

Agradecemos ao Concello de Silleda e ás persoas encargadas do programa Rural TIC esta interesante proposta formativa.




viernes, 29 de mayo de 2026

Begoña Caamaño na fachada do cole

Ola amiguiños e amiguiñas! Dende esta semana loce na fachada do noso cole unha nova imaxe dedicada á homenaxeada das Letras Galegas deste ano, a gran Begoña Caamaño.



ESCAPE ROOM en 3º de Primaria

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como sabedes os nenos e nenas de 3º de Primaria gañaron a 3ª ronda de "Liga Saudable de Plátano de Canarias", un torneo escolar que combina aprendizaxe e diversión a través de aventuras educativas en formato escape-room dixital.

Grazas ao premio, puideron participar na escola nun Escape Room cunha misión crucial: rescatar da historia o legado de mulleres referentes que abriron camiño, como Rosalía de Castro, Frida Khalo e Marie Curie,  rompendo así as cadeas dos estereotipos de xénero que aínda hoxe persisten na nosa sociedade.

Enfrontándose a diferentes retos, o alumnado entendeu que non existen "xogos de nenos" nin "xogos de nenas", nin profesións, nin cores determinadas polo xénero, senón persoas con capacidades extraordinarias que merecen as mesmas oportunidades.

O momento máis especial chegou co reto final,  abrir o cofre e "romper as cadeas" colaborando dende a empatía e o respecto mutuo, demostrando que a igualdade é, por riba de todo, un traballo en equipo.


CRISTINA COLLAZO : Ficción sonora sobre a obra de Begoña Caamaño

Ola amiguiños e amiguiñas!! Grazas ao programa Lectura e Familias, tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina Collazo, quen levou a cabo unha fantástica formación dirixida ás familias do noso centro.

A actividade tivo como obxectivo a creación dunha ficción sonora a partir dun texto de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Deste xeito, unimos dous importantes fíos condutores: dar a coñecer a figura e a obra de Begoña Caamaño e achegarnos ao mundo da radio, unha das súas grandes paixóns.

Ao longo da sesión, as familias participaron en diferentes xogos e dinámicas para traballar o corpo, a voz, a expresión e a creatividade, descubrindo todas as posibilidades que ofrece o son para contar historias.

Queremos agradecer especialmente ás familias a súa implicación e participación nesta actividade, así como a Cristina Collazo pola súa profesionalidade, entusiasmo e magnífico traballo, que nos permitiu vivir unha experiencia tan enriquecedora e divertida.

domingo, 24 de mayo de 2026

O noso horto vai collendo forma 🌱

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos avanzando no noso PDI coa recuperación do
horto escolar e xa rematamos unha nova parte deste proxecto tan especial. Nesta ocasión, o alumnado de 1º de Primaria puxo en práctica a súa creatividade e habilidade empregando os lápices 3D para elaborar os letreiros dos útiles do horto, que xa quedaron colocados nos andeis do horto para manter todo organizado e preparado.

A plantación xa comezou, cada aula escolleu o que quería cultivar e agora toca repartir as quendas de coidado e rega.

  • Infantil escolleu leituga
  • 1º e 2º de Primaria: leituga lisa e berenxena
  • 3º e 4º de Primaria: cebolas e leituga rizada
  • 5º e 6º de Primaria: pementos e leituga negra

Pouco a pouco, entre todas e todos, estamos devolvéndolle a vida ao noso horto escolar, aprendendo a coidar, colaborar e valorar a importancia da natureza e da alimentación saudable. 



VALORACIÓN DA BIBLIOTECA

 Ola amiguiños e amiguiñas! Como sabedes estamos a piques de rematar o curso, polo tanto é o tempo de valorar todo o traballo que estamos a facer. Estades dispostos? 


miércoles, 20 de mayo de 2026

5º de Primaria, premio á reflexión e á igualdade!

 Ola amiguiños e amiguiñas! Queremos felicitar con moito orgullo ao alumnado de 5º de Primaria por resultar gañador do concurso da Deputación de Pontevedra “E ti, que pensas da igualdade?”, unha iniciativa que promove a reflexión, a creatividade e o pensamento crítico arredor dun tema fundamental: a igualdade real entre mulleres e homes.

Este certame, enmarcado nas accións do 8M, busca dar voz á infancia e á mocidade para que expresen a súa visión sobre a sociedade actual e propoñan ideas para avanzar cara a un futuro máis xusto e igualitario. E o noso alumnado non só participou… ¡senón que destacou co seu gran traballo!

O proxecto desenvolvido foi moito máis alá: partindo da reflexión na aula, o alumnado afondou nos retos actuais da igualdade a través de diferentes actividades. Entre elas, cómpre destacar o compromiso e a valentía de dúas alumnas que se desprazaron para entrevistar á científica Marisol Soengas, referente internacional na investigación, achegando así unha visión inspiradora sobre o papel da muller na ciencia.

Como peche, o traballo completouse coa creación dun podcast e outras producións co gallo do 11 de febreiro (Día da Muller e a Nena na Ciencia) e do 8 de marzo, integrando aprendizaxes, reflexións e propostas propias.

Parabéns, equipo! 💜👏


martes, 19 de mayo de 2026

LAMBECAZOLAS: Ensalada de Pasta por Manuela de 5º de Infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa empezan a chegar algunhas receitas de Lambecazolas, que este curso invita a preparar ENSALADAS.

Comezamos coas primeiras receitas fresquiñas e saudables para o verán. Nesta ocasión, Manuela de 5º de  Infantil converteuse en auténtica protagonista e ensinounos, a través dun vídeo, como preparar unha rica Ensalada de Pasta. Con moita ilusión, explicou paso a paso os ingredientes e o proceso, convertendo a actividade nun momento divertido, educativo e cheo de sabor.

📽️ Aquí podedes ver o vídeo no que a nosa pequena chef nos ensina a súa receita de verán.

lunes, 18 de mayo de 2026

Un ratiño na biblioteca… mil posibilidades! 📚✨

Ola amiguiños e amiguiñas! Ás veces, mentres agardamos pola seguinte actividade, a biblioteca do cole convértese nun espazo cheo de vida e oportunidades. E iso foi xusto o que lles pasou os nenos e nenas de 4º de primaria!

Aproveitamos ese tempiño para explorar, crear e, sobre todo, gozar. Houbo quen se animou a construír co LEGO, deixando voar a súa imaxinación con creacións sorprendentes. Outros retaron a súa mente co cubo máxico de Rubik e con xogos diversos, compartindo estratexias e risas.

Tamén tivemos tempo para a creatividade, elaborando chapas moi orixinais, e, por suposto, para mergullarnos na lectura, descubrindo historias que nos fixeron viaxar sen saír do sitio.

Porque a biblioteca non é só un lugar para ler… é un espazo para aprender, xogar, crear e convivir. Cada ratiño conta! 💛








domingo, 17 de mayo de 2026

Ola amiguiños e amiguiñas!! O xoves tivemos a sorte de contar coa visita de Merchi, a avoa de Carmen e Elena, que estivo co alumnado de 1º ciclo e 5º de Primaria compartindo unha receita moi especial que facía cos seus pais cando era pequena: “Os Bolos do Dulceiro”, que despois levaban a vender á Feira da Bandeira.

Foi unha xornada chea de recordos, aprendizaxe e moito sabor, na que descubrimos unha parte da nosa tradición a través das mans e da memoria de Merchi.

Grazas, Merchi, por compartir con nós esta experiencia tan bonita e por facernos probar uns boliños tan ricos… que case non deixamos nin as faragullas!

XORNADA DE RADIO NO INSTITUTO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Estamos nunha época de celebracións da lingua galega. Son moitas as actividades que levamos a cabo para achegarnos a homenaxeada polas Letras Galegas; Begoña Caamaño.

A través de xogos, investigación e lecturas de libros e biografías imos entendendo a importancia do noso.

Os nenos e nenas de 6º achegáronse a Begoñas Caamaño dun xeito distinto, a través dunha entrevista ficticia a nosa autora. Neste caso, pedíronlle á Intelixencia Artificial que asumise o rol de Begoña e este foi o pequeno podcast resultado deste traballo.

Ademais aproveitaron o programa de radio para ir a Silleda a compartir unha xornada de Radio e Letras Galegas cos nenos e nenas do IES Pintor Colmeiro. Foi unha xornada marabillosa, entretida, festiva, e de encontros.

Aquí deixamos o pequeno podcast co que participamos e o vídeo que nos enviaron do IES Pintor Colmeiro para que poidades ver o traballo tan grande e marabilloso que fixeron.




sábado, 16 de mayo de 2026

Descubrindo Queco e Kika con Eva Mejuto

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 12 de maio tivemos a sorte de recibir a visita de Eva Mejuto. Compartiu un tempo moi especial co alumnado de 3º e 4º de Primaria, falándonos do seu libro Queco e Kika. Encantounos a historia e, sobre todo, descubrir da súa man as curiosidades e segredos que agocha.

Ademais, tivemos a oportunidade de facerlle preguntas, compartir impresións e afondar un pouco máis no mundo da lectura e da creación de historias, o que resultou unha experiencia moi enriquecedora e motivadora para seguir lendo e escribindo.

Moitas grazas, Eva, por esta visita tan especial!

viernes, 15 de mayo de 2026

Coñecendo a Begoña Caamaño con 6º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado xoves para celebrar as Letras Galegas e homenaxear á figura de Begoña Caamaño  o alumnado de 6º de Primaria puxo en marcha a súa creatividade para realizar un programa de radio moi especial: unha entrevista imaxinaria a Begoña Caamaño.

As nosas reporteiras nvestigaron sobre a súa vida e obra, prepararon preguntas e déronlle voz a esta autora tan importante das Letras Galegas.

Aproveitaron, tamén,  para ler pequenos tips informativos e descubrir aspectos clave da traxectoria e da importancia de Begoña Caamaño na literatura galega, a través da cartelería enviada pola Xunta, 



martes, 12 de mayo de 2026

CREATIVIDADE QUE FAI CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguiñas! Estamos de celebración! Queremos felicitar a Mariña de 6º de Primaria por gañar un premio no programa Escola en Camiño, organizado polo xornal Faro de Vigo.

Este programa achega ao alumnado ao Camiño de Santiago a través da imaxinación e a creación, propoñendo actividades como debuxos, textos ou vídeos.

Mariña participou cun debuxo cheo de creatividade, no que soubo representar o espírito do Camiño. O seu traballo foi recoñecido polo xurado, converténdose nun exemplo do talento e creatividade.

Parabéns polo teu gran traballo! 



LAMBECAZOLAS DE VERÁN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chega o "Lambecazolas". Atendede á información e preparade as vosas receitas!! Non esquezades que teñen que ser saudables!!



domingo, 10 de mayo de 2026

Descubrindo a vida e obra de Begoña Caamaño

 Ola amguiños e amiguiñas!!

No marco das Letras Galegas, compartimos unha nova publicación na que podedes atopar información completa e actualizada sobre a vida e a obra de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano.

Trátase dun recurso pensado para achegarnos de maneira clara e ordenada á súa figura, permitindo ao alumnado coñecer mellor quen foi, que escribiu e cal foi a súa achega á literatura galega.

Nesta publicación poderedes:
📖 Coñecer os aspectos máis importantes da súa biografía.
📖 Achegarvos ás súas obras máis destacadas.
📖 Comprender a relevancia do seu legado cultural.

Animámosvos a ler con calma, investigar e seguir descubrindo a riqueza da nosa literatura.

Porque coñecer ás nosas autoras e autores é tamén unha forma de manter viva a nosa lingua. Premede na imaxe

#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño



Poñémonos a proba con Begoña Caamaño!

Ola amguiños e amiguiñas!!

Seguimos aprendendo e gozando coas Letras Galegas cunha proposta diferente e moi divertida: xogos en liña para comprobar todo o que sabemos sobre Begoña Caamaño.

A través destes recursos interactivos, o alumnado poderá poñer a proba os seus coñecementos dun xeito lúdico, repasando a súa vida, a súa obra e a súa importancia na literatura galega.

Con estes xogos poderedes:
🎮 Aprender xogando.
🎮 Reforzar contidos traballados na aula.
🎮 Compartir e gozar en familia.

Animámosvos a participar, probar os xogos e demostrar todo o que xa sabedes!

Porque aprender tamén pode ser divertido!

Ide premendo nas imaxes!!

#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño



















Recursos para imprimir sobre Begoña Caamaño

Ola amiguiños e amiguiñas!!

Continuando coa celebración das Letras Galegas, no noso centro queremos seguir ofrecendo materiais útiles para coñecer mellor a figura de Begoña Caamaño.

Nesta ocasión, compartimos os recursos elaborados polo Seminario Galán, pensados especialmente para traballar nas aulas e tamén na casa. Trátase de materiais imprimibles, sinxelos e atractivos, que permiten ao alumnado achegarse á autora dun xeito dinámico e participativo.

A través destes recursos poderedes:
📝 Realizar actividades de comprensión e reflexión.
📝 Coñecer aspectos destacados da súa vida e obra.
📝 Traballar de maneira creativa arredor da literatura galega.

Animámosvos a empregar estes materiais e seguir descubrindo, aprendendo e gozando coa nosa lingua, para atopalos premede na imaxe

#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño



LETRAS GALEGAS NA RAG: Quen foi Begoña Caamaño? Descúbreo aquí!

 Ola amiguiños e amiguiñas!!

Con motivo da celebración das Letras Galegas, no noso centro queremos achegar ao alumnado a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano.

Para facilitar o acceso á información e seguir aprendendo dun xeito sinxelo e atractivo, poñemos á vosa disposición os contidos elaborados pola Real Academia Galega (RAG), onde poderedes descubrir quen foi, que escribiu e por que é tan importante para a nosa lingua e cultura.

A través destes recursos, o alumnado poderá:
📚 Coñecer a súa vida e a súa traxectoria.
📚 Achegarse ás súas obras máis destacadas.
📚 Comprender a importancia do seu legado na literatura galega.

Animámosvos a explorar estes materiais, ler, investigar e seguir gozando da nosa lingua.

Porque coñecer ás nosas autoras e autores é tamén unha forma de coidar e valorar o galego.

Premede na imaxe!!

#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño



Ola amiguiños e amiguiñas! Como xa sabedes os nenos e nenas de 4º participaron na II Edición dos Premios José Hermida de Radio Pontevedra, chegando á final cun podcast baseado no conto “A mellor sopa do mundo”, no que se destacou a importancia dunha alimentación saudable e de proximidade.

Aínda que non acadamos o premio principal, recibimos unha mención especial por parte de Vegalsa, unha empresa das que patrocinaban o certame, que quixo recoñecer o noso traballo cun pequeno agasallo para o alumnado.

Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita de Paula, alcaldesa de Silleda, e de Ángela, concelleira de Educación, que quixeron compartir con nós este recoñecemento.

Dende o centro queremos agradecer este xesto e felicitar ao noso alumnado pola súa implicación, creatividade e esforzo.

Aquí deixamos un resumo dunha xornada inesquecible e emocionante.

viernes, 8 de mayo de 2026

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de 4º vai a estar na II Gala dos Premios José Hermida, xunto con outros 20 centros, fson finalistas dos Premios Joseé Hermida do Grupo Radio Pontevedra. Alí coñeceremos os gañadores desta 2ª Edición.

Animámosvos a seguir en directo a gala nesta ligazón 

https://www.youtube.com/@RadioPontevedraSER , nas emisoras 1116 OM92.7FM, na APP da Cadena Ser, y en la web de Radio Pontevedra. ás 10:45 e de seguido, escoitedes o programa especial cos gañadores, Hoy por Hoy Pontevedra-Arosa I Premios José Hermida ás 12:25 ben a través da aplicación ou das emisoras convencionais: Radio Pontevedra no 98.7 FM, Radio Arosa 95.6 FM ou Radio Pontevedra Deza-Tabeiros 92.2 FM.


Moita sorte a todos e todas!!!



martes, 5 de mayo de 2026

2 de maio : Día Internacional contra o bullying

Ola amiguiños e amiguiñas!!  O pasado 2 de maio foi o Día Mundial contra o Bullying, no noso centro sumámonos á conmemoración desta data clave para reflexionar, aprender e seguir construíndo unha escola segura e respectuosa para todos e todas.

Sabemos que o bullying non sempre é visible, pero sempre doe, e de que todos e todas podemos facer algo para evitalo: escoitar, acompañar, pedir axuda e, sobre todo, tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen.

Desde o noso cole queremos seguir reforzando unha mensaxe clara:
- O respecto é cousa de todos e todas.
- A amizade constrúese día a día.
- Xuntos e xuntas somos máis fortes contra o acoso.

Seguiremos traballando para que a nosa escola sexa un espazo onde cada neno e cada nena se sinta valorado, escoitado e feliz.

Lembrade que ademais no noso centro contamos cun Punto Laranxa, situado no pasillo que vai cara aos baños que empregamos no recreo. Tamén na páxina web do centro (no lateral dereito), podedes acceder premendo na imaxe.

Trátase dun espazo de referencia que tedes os nenos e nenas. Alí podedes acudir se necesitades axuda, se queredes contar algo que vos preocupa ou se detectades unha situación de acoso.

O Punto Laranxa serve para lembrar que:

🧡 Pedir axuda é valente.
🧡 Todas as persoas merecen ser escoitadas.
🧡 Entre todos e todas podemos coidar o bo trato no cole.

Por outra banda, dende a biblioteca aconsellamos a lectura do libro de Eloy Moreno: Invisible nas dúas versións que temos no cole tanto para prelectores coma para lectores autónomos.



Tamén convidámosvos a ver o  vídeo realizado polo alumnado de 5º para participar no concurso ""Canta y baila contra el bullying" convocado pola empresa Giotto e a Asociación Española contra o Acoso Escolar.



🎙️ Soa a emoción… soa a familia

Ola amiguiños e amiguiñas!! Benvidos a Radio Garabullo... Hoxe, na nosa radio… hai algo especial ✨

Hai voces que emocionan.
Hai palabras que acompañan.
Hai familias que están… sempre.

O noso alumnado é finalista da II edición dos Premios José Hermida de Radio Escolar, organizados por Radio Pontevedra do grupo Cadena SER.

Entre 107 centros e 117 podcasts, o seu traballo foi elixido como un dos 20 mellores.
E iso… xa é un gran premio... NORABOA!!

Pero hoxe non falamos só de logros.
Hoxe falamos de emocións.

Porque as nais e pais quixeron achegarse á nosa emisora…
coller un micrófono…
e dicir algo moi importante:

“Estamos orgullosos de vós” 

Un podcast cheo de agarimo, ánimo e ilusión para a gran final.

Porque detrás de cada neno e nena… Hai unha familia que apoia, que anima e que cre.

E iso… tamén conta. E moito.

👏 Parabéns, finalistas
🍀 Moita sorte na final

Agora si… escoitamos 

Feira do Libro na FEIRA DA BANDEIRA

Ola amiguiños e amiguiñas!! No noso cole vivimos unha xornada moi especial coa celebración da nosa Feira do Libro, coincidindo co Día da Feira de Bandeira.

Baixo o lema “Libros que alimentan”, organizamos un posto moi solidario no que todo o alumnado puido intercambiar libros por produtos de hixiene, alimentos non perecedoiros ou facer unha pequena doazón. Todo o recadado foi entregado a servizos sociais para axudar ás familias que máis o precisan.

A actividade non quedou só no posto, senón que continuou nas aulas con diferentes propostas:

  • O alumnado de 3º e 4º participou nunha divertida gymkana, na que foron recompilando información polos distintos postos da feira. Para rematar, celebraron o seu esforzo compartindo uns churros e colaborando tamén no posto de libros.

  • Os máis pequenos de infantil saíron a dar un paseo para coñecer de preto o mercado de Bandeira, descubrindo o seu ambiente e funcionamento.

  • O alumnado de 5º de Primaria puxo en práctica as matemáticas na vida real, acudindo ao supermercado para mercar leite e aceite. Tiveron que contar cartos, facer estimacións e calcular canto podían comprar e canto lles sobraba.


Foi unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e solidariedade, na que demostramos que os libros tamén poden alimentar… e moito máis que a mente 💫

🎥 Aquí vos deixamos un vídeo resumo de todo o vivido!