Unha vez máis o escritor Antonio Manuel Fraga estivo na escola para falar cos nenos e nenas de 5º e 6º do Castañeiro de Abril. Neste conto, Buto, un zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado sempre do seu can, Barriga Branca, tenta xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición do Castañeiro suporá unha serie de cambios que farán que non deixes de ler o libro ata rematalo.
Antonio Manuel Fraga falou cos vosos compañeiros da súa obra e deste conto en especial, dos personaxes, da historia,... aquí podedes ver un anaquiño dunha mañá inesquecible.
miércoles, 31 de mayo de 2017
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario