Ola amiguiños e
amiguiñas.
Xa estamos rematando o mes de Outubro. Atrás deixamos datas importantes e inesquecibles pola súa relevancia. O 16 de outubro Día Mundial da
Alimentación e o 17 de Outubro Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
Os alumnos e
alumnas de 6º quixeron recoller a importancia destas datas a través de imáxenes, frases sinxelas e debuxos propios... Unha ardua labor de investigación que tivo como resultado frases como:
Un mundo sen fame é un mundo máis xusto
Que a pobreza sexa un feito do pasado
Aproveita a comida, se podes, non a desperdicies
...
A través deste mural pretenden espertar a nosa sensibilidade ante temas tan importantes.
Grazas polo voso traballo!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
2 comentarios:
Ola Garabullo!!
Vexo que estades traballando moito e moi ben! Así da gusto empezar o curso! A seguir así de ben!!
A semana que ven, polo Samain, intentarei visitar a vosa maravillosa biblioteca. Se non hai inconvinte! Un saúdo
Grazas Roberto por seguirnos dende o teu novo destino. É emocionante saber que segues unido a esta escola dalgún xeito. Xa sabes que estamos desexando verte pola BIBLIOTECA. Pero mentres seguiremos amosándote o noso traballo no Blog.
Saúdos e xa sabes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Publicar un comentario