Ola amiguiños e amiguiñas!!
Onte celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil. A organización internacional do libro infantil e xuvenil escolleu esta data por coincidir co nacemento de Hans Christian Andersen. Con esta conmemoración quérese promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Por este motivo deixaremos na entrada do cole todos aqueles contos clásicos que acompañaron a infancia dos vosos país, avós e tamén a vosa..., para que poidades ler na aula, nos tempos de lecer ou na biblioteca.
Tamén deixo unha mensaxe escrita por Luciana Sandroni e ilustrado por Ziraldo para todos os nenos e nenas do mundo co fin de pormover esta festa dos libros.
domingo, 3 de abril de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario