Xa rematamos a semana das LETRAS GALEGAS. Este ano estaban dedicadas a Carlos Casares. Coma todos os anos traballamos a biografía e a obra deste importante escritor. Tamén quixemos renderlle o noso particular homenaxe, coma nós sabemos, interpretando un dos seus contos. Aproveitamos as nosas dotes de artistas e marcámonos un reto cumprido. Interpretar, todos os cursos, o conto de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Infantil preparou o escenario e a representación da obra quedou nas mans de primaria. É unha peza teatral moi complicada pero vós fixestedes o difícil moi doado.
Parabéns!! Sodes marabillosos!!!
Aquí podedes vervos e estar moi orgullosos de tremenda interpretación!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
1 comentarios:
Moi Ben. Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier
Publicar un comentario