viernes, 29 de abril de 2022

AGASALLOS MARABILLOSOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana tivemos a sorte de compartir unha tarde con catro persoas moi semellantes e moi distintas. Xosé Luna mestre, poeta, narrador, dramaturgo, ensaista, editor,... Con Charo Golmar mestra e poeta, con Luchi ilustradora de contos de nenos e adultos e con Manoele de Felisa que coa súa guitarra dalle vida aos poemas e ilustracións  dos nosos artistas. 

Viñeror a contarnos o fermoso de ler, de compoñer e de crear. De ser quen de debuxar os sentimentos e as emocións a través da palabra, da imaxe, do ritmo,... 

Afúfaros foi a palabra coa que nos agasallaron. Unha palabra que ten que acompañarnos ao longo da nosa vida, e que implica sentimento de alegría, sensación de risa, capacidade de ser e de crear. Unha palabra que so pertence aos nenos e nenas do CEIP Ramón de Valenzuela e que será o noso amuleto para acadar os nosos soños.

Pero os seus petos aínda gardaban máis sorpresas:

Xosé Luna recitounos e fíxonos chegar este poema para os "pereiriños" do CEIP Ramón de Valenzuela e todos os que formamos parte desta escola. 


Charo Golmar tamén tivo unha sorpresa para nós. Ademáis de compartirnos os seus "Nobelos de Luz" agasallounos cun poema composto, escrito e dedicado a todos nós. A todos e todas as que formamos parte do CEIP Ramón de Valenzuela, do que ela tamén forma parte.



Para rematar agradecer outra sorpresa da man de Luchi, antiga alumna do cole, que trouxo dúas láminas de dous libros ilustrados por ela, cuns versos que as acompañan. Un agasallo que xa loce na nosa biblioteca.




Grazas por tanto cariño e por tan bos ratos en nome dos pereiriños e pereiriñas do CEIP Ramón de Valenzuela.

0 comentarios: