En saharaui BUBISHER significa paxaro de boa sorte. Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sahara para acercarlles o mundo da lectura, dos contos, da información... a nenos, nenas e maiores. É o que nós chamamos unha Biblioteca con rodas.
As Bibliotecas de moitos centros educativos colaboran co BUBISHER enviando algún conto. A nosa biblioteca regaloulle o conto El sueño de Lu Shzu.
Con iso enviamos tamén a nosa ilusión aos rapaces e rapazas saharauís para que coñezan o marabilloso mundo la lectura.
Se queredes saber algo máis do BUBISHER mirade este video explicativo. É moi interesante e axudaranos a entender a labor tan bonita de tantos voluntarios e voluntarias que queren levar a lectura, neste caso, aos campamentos de refuxiados do Sahara.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario