sábado, 28 de marzo de 2026

VISITA DA NAI DE IAGO DE 4 ANOS

Ola amiguiños e amiguiñas!!

Esta semana tivemos unha visita moi especial na biblioteca do cole. A nai de Iago de 5º de infantill, achegouse para compartir con nós unha serie de experimentos sorprendentes e moi divertidos.

Os nenos e nenas puideron descubrir cousas moi curiosas: que lle pasa a un ovo cando o metemos en vinagre, como reacciona a pementa co xabón, por que a graxa nos axuda a manter a calor do corpo ou como poden cambiar de cor os caraveis. Todo isto a través da observación, o asombro e, sobre todo, a participación activa.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendemos facendo, espertando a curiosidade científica dos máis pequenos e pequenas dun xeito lúdico e motivador.

Grazas Ana pola túa implicación, o teu tempo e as ganas de compartir con nós estes momentos tan especiais. Encántanos contar coa colaboración das familias para seguir medrando xuntos! 💙

A continuación, deixámosvos un vídeo resumo desta actividade tan especial.


0 comentarios: