Traballando en pequenos grupos foron creando contos e cómics que implicaban a exposición e representación dos contos empregando imaxe, xestos,... Buscaban situacións de conflicto onde poder entender as emocións dos implicados e ao mesmo tempo pór en práctica as habilidades adquiridas durante os obradoiros.
Con esta actividade buscaban abrir un espazo para a comunicación, a reflexión e a actuación ante os distintos conflictos e situacións de desigualdade que se dan na nosa vida diaria.
Unha vez feitos os Obradoiros decidiron representar as súas creacións ao resto dos compañeiros do cole. En distintos momentos e durante a "Hora de Ler" foron pasando por todas as aulas. Queredes ver o seu traballo?
0 comentarios:
Publicar un comentario