lunes, 1 de mayo de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Ola amiguiños e amiguiñas!! Atrás queda a "Semana do Libro" que coma, cabe esperar, enche de actividade as bibliotecas: Recomendacións lectoras, libros que alimentan, booktubers,... Todas elas encamiñadas a fomentar o gusto e o hábito de ler.

Neste cole traballamos o "Día do Libro" cada día. Gústanos ler, xogar e crear na biblioteca. Neste espazo compartimos moito de nós con outros compañeiros e compañeiras. Cando chega a Semana do Libro facermos algo máis. Sacamos os LIBROS da biblioteca. Aprendemos que as lecturas que son importantes para nós tamén o son para os nosos compañeiros e compañeiras. Aprendemos que os libros poden chegar a alimentar e encher os pratos dalgunha casa que o precise.

Tamén gustamos de compartir momentos de lecer e lectura, e poder volver a facer os "Apadriñamentos lectores" coma faciamos antes da pandemia. Fíxonos moita ilusión volver a encher o patio do recreo de lecturas compartidas entre maiores e pequenos. É unha actividade que sempre nos gustou e voltou para quedar para seguir perdurando no tempo... Unidos pola lectura e lendo porque nos peta.

0 comentarios: