Cada aula tivo a súa "pequena" formación e achegamento a nosa biblioteca.
Xogamos, resolvemos enigmas, fixemos buscas, colocamos libros, e vimos un vídeo... para chegar á sorpresa final.
Temos que darlle as grazas aos axudantes da biblioteca, os compañeiros e compañeiras de 6º, pola súa colaboración na creación do vídeo . Buscaron o xeito máis ameno e divertido de facernos lembrar as normas da biblioteca e de recoñecer os distintos espazos que nela atopamos.
Pouco a pouco poderedes ver todas as cousas que hoxe vivimos. De momento deixamos o vídeo. Gustouvos?
0 comentarios:
Publicar un comentario