domingo, 30 de enero de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é 30 de xaneiro: "Día Internacional da non violencia e a PAZ" unha data agardada por todos nós. Símbolo de algo que está agromando na entrada do noso cole. Somos "Fortes coma árbores" e hoxe máis que nunca "Fortes coma Carballos".
Un carballo forte que une a todo o cole nunha follaxe de corazóns e desexos de unión, paz, ecoloxía, coidado do noso ambiente, empatía, solidaridade, colaboración...
Unhas pombas que levan a nosa mensaxe e fannos lembrar a importancia e o valor da xente e do que nos arrodea,...
Unha canción que nos une a todos e todas, aínda que separados no espazo unidos nunha soa voz...

Un símbolo de Paz que foi tecido entre todos. O noso traballo individual de aula pasou a ser unha representación conxunta, amosando ao mundo que a colaboración é o camiño para vencer á realidade que estamos a vivir.

Hoxe comeza un Día da PAZ que estará envolto en música e lecturas e que pouco a pouco, ao longo do ano irá dando paso a que este "Fortes coma Carballos" que está agromando na entrada do noso cole, siga megrando e aproveitando as fortalezas de cada un de nós, para converse nun "FORTES COMA AS ÁRBORES".

0 comentarios: