domingo, 30 de enero de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é 30 de xaneiro: "Día Internacional da non violencia e a PAZ" unha data agardada por todos nós. Símbolo de algo que está agromando na entrada do noso cole. Somos "Fortes coma árbores" e hoxe máis que nunca "Fortes coma Carballos".
Un carballo forte que une a todo o cole nunha follaxe de corazóns e desexos de unión, paz, ecoloxía, coidado do noso ambiente, empatía, solidaridade, colaboración...
Unhas pombas que levan a nosa mensaxe e fannos lembrar a importancia e o valor da xente e do que nos arrodea,...
Unha canción que nos une a todos e todas, aínda que separados no espazo unidos nunha soa voz...

Un símbolo de Paz que foi tecido entre todos. O noso traballo individual de aula pasou a ser unha representación conxunta, amosando ao mundo que a colaboración é o camiño para vencer á realidade que estamos a vivir.

Hoxe comeza un Día da PAZ que estará envolto en música e lecturas e que pouco a pouco, ao longo do ano irá dando paso a que este "Fortes coma Carballos" que está agromando na entrada do noso cole, siga megrando e aproveitando as fortalezas de cada un de nós, para converse nun "FORTES COMA AS ÁRBORES".

jueves, 27 de enero de 2022

Calendario 2022

Ola amiguiños e amiquiñas!! Aquí deixo unha pequena sorpresa!! O noso calendario do 2022, que coma sempre está relacionado co noso proxecto.

Este ano que centramos a nosa atención nas árbores grazas ao proxecto "Fortes coma Carballos" decidimos dedicar cada mes a un froito! Grazas aos códigos QR podedes achegarvos a algunhas curiosidades dos amorodos, limóns, laranxas, uvas...

Queredes poder descargar o calendario? Aquí o deixamos para que llo regaledes a avoas, tías, primos, padriños,...


NARVAL, UN PROFE GENIAL

Ola amiguiños e amiguiñas!! Pouco a pouco a biblioteca vai recobrando o seu "bule-bule" despois dun tempo de arranxos e recolocacións. Son moitas as novidades lectoras que nos están a chegar. Unha delas foi Narval un profe genial que decidín ensinarvos esta semana na que celebramos o "Día Internacional da Educación".

Estamos ante un conto ideal para levar a aula e enriquecer o vocabulario do noso alumnado dun xeito alternativo e moi divertido.

Neste libro Narval e Medu convértense en profesores suplentes! Estos dous amigos atopan unha mañá un banco de peixes. Desafortunadamente, Mr Globo, o seu maestro, está enfermo e a clase terá que ser cancelada... Ata que o Profesor "Narval" e a supermestra "Medu" ofrécense como voluntarios para dar a clase.

Que pasará? Pois xa sabedes!! Vinde correndo a por Narval un mestre xenial que está agardando por vós...



As novas da hora de comer e curiosidades do tempo de lecer (Programa 6)

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Jaime de 5º e Esther de 6º volven, despois das vacacións de Nadal, co seu programa "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer" que emiten en directo para o comedor do cole. Hoxe viñan cargados de novas de actualidade e algunha que outra curiosidade. Queredes escoitalos? Pois xa sabedes... Dádelle a play!!


lunes, 24 de enero de 2022

LEMOS EN PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chega o Día da Paz e coma sempre preparámonos coas lecturas.

Cada ano temos unha selección de lecturas para "Ler en Paz" coa nosa aula de primaria e outras máis sinxelas que os compañeiros e compañeiras de 6º prepararon para infantil.

Son lecturas fermosas aínda que este ano como novidade están relacionadas, tamén, co noso PDI: Fortes coma Carballos.

En primaria propoñemos:

Paso a paso:

Un bosque en mí:

Unha longa viaxe:


El cielo de Afganistán:

Abajo los muros:

Para infantil propoñemos un Kamishibai de Wangari e o conto Nadarín:









domingo, 23 de enero de 2022

NI MÁS NI MENOS

Sabedes que celebramos o día 3 de Decembro? Pois si, foi o "Día Mundial das Persoas con Discapacidade". Unha data moi importante e que todos e todas debemos ter en conta pois busca promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así coma concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Lía Enríquez e Marifé de 3º saben que é unha data importante e que nós os nenos e nenas aprendemos moito a través dos contos, así que foron á radio a recomendar un conto moi interesante que aborda este tema. Un conto que todos podedesdescargar gratis en internet e que fai que aprendamos moito da discapacidade. Escoitádeas!!

E se queredes ler o conto.... Aquí o deixamos... Gústavos?