Nós como escola tamén nos sumamos a esta celebración con distintas actividades que fomos levando a cabo ao longo do curso grazas ao noso PDI "Fortes coma Carballos" e que remataremos ao longo desta semana con distintas propostas.
Queremos comprometernos no coidado do Medio Ambiente e concienciar sobre a importancia de coidar os nosos entornos naturais para garantizar a saúde dos seus habitantes.
O mellor xeito de coidar o nosa contorna é coñecela, e por iso, o noso carballo da entrada encheuse de libros de contos e de información sobre as árbores. Con estes faremos unhas fichas que nos permitirán coñecer mellor as nosas fragas e bosque, as nosas árbores en xeral e aprender a valoralas e coidalas.
0 comentarios:
Publicar un comentario