O pasado día 4 de novembro celebramos o "Día da ciencia en galego". Este día da Ciencia en Galego está dedicado á Bioloxía. Neste día lémbrase a Mendel que elaborou una leis xenéticas moi importantes tras investigar cun tipo de legumes: os chícharos
Por outra banda a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes.
" O Ano Internacional dos Legumes
concienciará á poboación sobre cultivos
importantes que son esenciais para
a agricultura sostible e a nutrición"
Unimos todo isto e dende 5º e 6º quixeron celebrar o día da ciencia en galego destacando unha das propiedades dos legumes: as súas vantaxes nutricionais. Os legumes poden formar parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. Amósase como unha posibilidade de cultivo sostible nestes momentos que en grandes zonas do mundo pasan tanta fame. Como mostra do seu traballo este taboleiro e o resultado da súa pequena plantación de fabas.
0 comentarios:
Publicar un comentario