O Día das Artes Galegas foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.
A Academia escolle cada ano un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano o homenaxeado foi Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega e da escultura no século XX. Autor de esculturas en madeira policromada como A Santa ou San Francisco, coa que gaña a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid; ou os monumentos a Ramón Aller e a Xoaquín Loriga en Lalín.
Os compañeiros e compañeiras fixeron unha exposición para falarnos da súa vida e da súa obra, pero non quixeron rematar o seu traballo, sen probar as súas posibilidades creativas, e facer as súas propias creacións.
0 comentarios:
Publicar un comentario