lunes, 22 de abril de 2024

XOGOS NO PATIO

 

Ola amiguiños e amiguiñas!! A biblioteca está presente en todas as facetas do cole. Non só nos momentos de estudo, tamén nos de lecer. Incluso para aprender a xogar e obter propostas de xogos para os tempos de recreo. Hoxe que os nenos e nenas de 3º organizan os xogos do patio, a biblioteca recoméndalles o libro Chirlosmirlos de Antón Cortizas e ilustrado por Cuchi Souto.

Chirlosmirlos é unha enciclopedia de xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado ao longo de varios anos. Reúne máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e propostas de adaptación ou renovación nalgúns dos casos. 

Tédelo na Biblioteca para dinamizar máis e mellor o voso tempo de lecer.

0 comentarios: