Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 7 de maio o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a sorte de participar nunha charla moi interesante: "Aprender a Salvar Vidas".
Ao longo das dúas horas que durou, o alumnado foi aprendendo cousas moi básicas e importantes relacionadas cos primeiros auxilios, entre elas a importancia das siglas PAS (Protexer, Avisar, Socorrer) e de chamar ao 112.
Vós saberíades atopar na biblioteca algún manual relacionado cos Primeiros Auxilios?
Rétovos a atopalo e mentres non deixedes de ver este vídeo que sempre pode axudar en caso de necesidade.
0 comentarios:
Publicar un comentario