domingo, 24 de noviembre de 2024

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA 20-11-2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo desta semana celebramos o "Día Munidal da Infancia". 

Cada vez que vides á Biblioteca ollades os contos e ledes as súas historias e vivides as aventuras dos seus protagonistas. Este ano os nenos e nenas de 1º de Primaria encontraron uns contos que falaban dos nenos e nenas e dos seus DEREITOS.

Qué era iso dos DEREITOS? Como é que os nenos e nenas teñen DEREITOS e eles non os coñecen... Nin sabían o que significa a palabra DEREITO.

Agora que están a aprender moitas cousas cos libros da biblioteca, fixeron unha proposta para aprender máis dos DEREITOS DOS NENOS E NENAS. Aquí tedes unha das súas propostas:

- UN ENCRUCILLADO:


Aquí tedes o Encrucillado para quen queira xogar:

 
TAMÉN DEIXARON UNHA PROPOSTA DE  XOGO EN POLOS CREATIVOS:


E para que poidades gozar da lectura deixamos algúns dos libros que escolleron os nenos e nenas de 1º.
FELIZ LECTURA:
 Tengo derecho a ser un niño de Alain Serres:


 Un mundo mejor; derechos del niño de edicións jaguar feito por varios autores


E outros que tamén vos poden axudar coma:





0 comentarios: