Ola amiguiños e amiguiñas! Un ano máis cando se achega o Nadal contamos cunha pequena sorpresa. Os pais de Manuela de 5º de infantil estiveron visitando e revolucionando o cole, dándolle un aire festivo e de Nadal.
Por unha mañá Cristina Collazo e Manuel Otero Payno convertéronse en Trasnos Trubicundos: Os Trubicundos son un tipo de trasnos propios do Nadal Galego. Estas criaturas amigas do enredo e de remexer as cousas, baixan pola cheminea na noite de Noiteboa e se na casa nos se teñen preparadas unhas piñas con brea para darlles de agasallo fanche trasnadas e revólvenche todo no fogar.
Aínda que os nosos trasnos non entraron pola cheminea si que montaron unha boa polas aulas. Queredes velo?
0 comentarios:
Publicar un comentario