miércoles, 17 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Chega o Nadal e o tempo de vacacións. Un tempo máxico para soñar, compartir e gozar en familia. Dende a biblioteca animámosvos a compartir as lecturas en familia e descubrir historias inesquecibles.

Nas páxinas dos contos  agóchanse duendes, animais faladores, aventuras, curiosidades, quer fan rir, soñar e imaxinar. Coma sempre invitámosvos a vir a biblioteca en busca de contos sorprendentes, pero tamén deixamos estas recomendacións lectoras de Nadal para o voso tempo de lecer e descanso.

FELICES FESTAS!!



0 comentarios: