lunes, 15 de diciembre de 2025

A petanca entra na nosa radio: unha entrevista moi especial a José e Miki do Club Petanca Bandeira

Ola amiguiños e amiguiñas!! Durante as últimas semanas, os nenos e nenas de 4º de primaria convertéronse en auténticos xornalistas e xornalistas deportivos. A través dunha pequena investigación, achegáronse a un deporte moi presente na nosa contorna: a petanca, e coñeceron de preto a historia e o traballo do Club Petanca Bandeira.

O resultado foi a preparación dunha entrevista, na que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de falar directamente con José e Miki membros do Club Petanca Bandeira, un club histórico, con máis de corenta anos de traxectoria, que leva o nome da Bandeira por toda Galicia.

Durante a entrevista falouse da orixe do club, da importancia da amizade e do compañeirismo, dos adestramentos, dos torneos e tamén das emocións que se viven arredor deste deporte. O alumnado descubriu que a petanca non é só lanzar bólas, senón respecto, convivencia, paciencia e traballo en equipo.

Despois, todo o alumnado de primaira participou en pequenos obradoiros de petanca. Pronto os veremos no campo de Bandeira poñendo en práctica o aprendido.

Dende aquí queremos agradecer ao Club Petanca Bandeira a súa dispoñibilidade, a súa cercanía e o cariño co que acolleron as preguntas do noso alumnado. Grazas por axudarnos a aprender e por ser un exemplo de deporte, compromiso e comunidade.



0 comentarios: