Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o momento de poñer a andar o Proxecto máis directamente na aula.
Naturarte é o que está a rodear todas as actividades que estamos a facer no cole este ano. Tanto as que fomos propoñendo ata agora coma as que están por vir.
Ata o momento foron os mestres os que nos foron guiando as actuacións: Houbo unha entrevista a Abraham Cupeiro que fai instrumentos impresionante con elementos da natureza, fixemos unha visita virtual ao Monte Viso onde conviven natureza, arte, tradición, lenda... e recreamos o noso propio Monte Viso. Traballamos a paisaxe da nosa contorna facendo unha reinterpretación da "Fervenza do Toxa" seguindo a Andy Warhol, decoramos o Nadal do cole con elementos naturais e moitas cousas máis. Agora toca facelo dun xeito máis serio: INVESTIGANDO
O proxecto que nós chamamos "Naturarte" xa existía. Baixo o nome de "Land Art" ou tamén "Arte da Terra". Con este nome faise referencia a unha corrente de arte contemporáneo na que a paisaxe e a obra están moi relacionados. Emprega á Natureza coma material: madeira, follas, pedras, rochas,... para facer as creacións finais.
No cole este Proxecto pode abordarse dende distintos puntos de vista: Con experimentos científicos; escultura (investigación de artistas, creación de bichos con follas e paus, intervencións na natureza,...); investigación de artistas "Land Art"; investigación das cores ( a súa orixe, o círculo cromático...); estampación con elementos da natureza, tinturas naturais (café, remolacha, cúrcuma...), a fotografía do que nos rodea (nubes, flores, pedras,...)
Todas estas actividades e máis agardamos vaian desenvolvéndos nas aulas e aparezan no mes de maio coma froito do voso traballo a través de exposicións, murais, podcast, vídeos, esculturas,...
Para animarvos deixamos aquí un vídeo dun proxecto que fai o escultor Camilo Seira en Rois, preto de Santiago. É un proxecto de Land Art. Invita a máis de 30 artistas que teñen que facer arte cos materiais que teñen arredor. Dende bosta de vacas, palla e mesmo restos de madeira. Con esta actividade queren darlle un valor estético, mirar a riqueza do que temos a man. Pensade que os nosos antepasados facían todo o que necesitaban con materiais que tiñan ao alcance... Para inspiraros déixovos un dos vídeos que colgou un dos artistas asistentes a este evento. Chámase Alfonso Blanco e é escultor. É fantástico o resultado da súa obra. Non deixedes de ollalo....
Agardo os vosos traballos!!



.jpeg)











.jpeg)



.png)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)




