miércoles, 25 de noviembre de 2026

25N POR 25 RAZÓNS 💜

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe 25 de novembro, no noso cole alzamos as voces para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Queremos reivindicar esta data tan importante dunha maneira especial: a través dun vídeo que recolle imaxes do noso cole tinguidas de violeta e, sobre todo, coas vosas voces, aportando 25 razóns en positivo para construír un mundo máis xusto, igualitario e libre de violencia.

As palabras que dan vida a esta mensaxe foron gravadas na Radio Garabullo, coa participación de todo o alumnado, desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Pequenas e grandes voces unidas para lembrar que o respecto, a igualdade, a liberdade, o bo trato e a convivencia constrúense cada día, entre todas e todos.

E como banda sonora, acompáñanos Matriarcas, de Guadi Galego, unha canción que pon música e emoción a esta reivindicación.

Porque educar na igualdade é sementar futuro. Porque todas as persoas merecemos vivir libres, sen medo e con respecto. E porque cada voz conta, cada xesto importa e cada razón suma.

25 razóns, moitas voces e un mesmo compromiso: nin unha menos, libres e iguais! 💜


0 comentarios: