miércoles, 25 de febrero de 2026

VISITA A RADIO PONTEVEDRA -CDENA SER

Ola, amiguiños e amiguiñas!

O pasado 24 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de Primaria viviu unha experiencia inesquecible coa súa visita aos estudos de Cadena SER. Durante a xornada tiveron a oportunidade de coñecer por dentro como funciona unha emisora de radio e, ademais, asistir en directo á emisión dun programa.

Aprenderon que non se le igual en todos os formatos radiofónicos: practicaron diferentes tipos de lectura segundo se tratase dun anuncio publicitario, dunha retransmisión deportiva, da lectura das novas do día ou mesmo dun conto. Descubriron a importancia da entoación, do ritmo e da expresividade para comunicar mellor a través da voz.

A experiencia foi moi completa: participaron nun divertido concurso, gravaron o seu propio spot publicitario e estiveron presentes na entrevista a Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Tamén puideron escoitar a entrevista aos representantes do programa de acollida familiar e formar parte dunha interesante quenda de preguntas a un veterinario, no que resolveron moitas dúbidas sobre o coidado das súas mascotas.

Sen dúbida, foi unha mañá chea de aprendizaxes, emocións e novas experiencias que achegaron o mundo da radio ao noso alumnado dunha maneira práctica e moi motivadora. 

Se queredes escoitar o programa de radio somentes tedes que premer na imaxe. Máis abaixo o vídeo resumo do día.


E...  agotra, o resumo da xornada!

0 comentarios: