Lía e Elena axudadas polas súas compañeiras de 4º Luisa, Paula, Carme e Sabela recrean e cóntanlle o conto de ORQ aos nenos e nenas de infantil.Orq é un conto escrito por David Elliot e ilustrado por Lori Nichols. A través da lectura deste conto entraremos en contacto cunha fermosa historia de amizade adorable chea de humor e corazón. Como curiosidade contarvos que en todas as páxinas aparece unha familia de paxariños prehistóricos que viven o conto coa mesmas emocións que os protagonistas.
Gozade co conto das vosas compañeiras e non esquezades collelo na biblioteca para descubrir esta curiosa familia de paxariños prehistóricos.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
0 comentarios:
Publicar un comentario