Ola amiguiños e amiguiñas!!! Un ano máis celebramos a semana do libro. O noso lema foi " UN CONTO QUE ALIMENTA". A través dun pequeno posto de contos que foi atendido nos recreos por todos vós, fixemos un troco traíades un alimento e levábades o voso conto. Os alimentos recollidos foron enviados a Asuntos Sociais para axudar ás familias que o precisen.
Como todos os anos tamén tivemos os Apadriñamentos Lectores. Enchimos o cole de lecturas. Por parellas, de idades distintas ou semellantes, buscamos un oco no patio para compartir a lectura cos nosos compañeiros. Cada ano repetimos esta actividade e cada ano síntome orgulloso de vós e do voso xeito de coidar e gozar con ela.
Queredes vervos?
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
viernes, 28 de abril de 2017
miércoles, 26 de abril de 2017
XADREZ EN 4º
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe tócame falar das cousas que acontecen na biblioteca. O día 3 de abril Santiago Ceviño Matos, o papá de Luisa, estivo na nosa biblioteca cos nenos e nenas de 4º. Ao longo da mañá contoulles moitas cousas do xadrez e iniciounos neste xogo. Aprenderon moito, divertíronse e seguro que están dispostos a xogar con vós... Quen se anima a xogar con eles?
Ollade o ben que o están a pasar!!!

CONCURSO DE CÓMIC
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Un ano máis o Concello de Silleda invitou aos nenos e nenas da escola a participar nun concurso de cómic. O tema a traballar era a solidaridade.
Os nenos e nenas de 5º e 6º amosaron interese e ilusión por participar na actividade. Documentáronse con libros da biblioteca de como facer un cómic, asesoráronse con mestres e elaboraron os seus traballos en pequenos grupos.
En primer lugar darlle a noraboa a todos pola súa participación e pola motivación e ilusión que puxeron nesta actividade.
Felicitar tamén a Pablo, Axel e Lois de 5º pola seu cómic "A historia de Poliño" que gañou o premio á mellor ilustración pola categoría de primaria. PARABENS RAPACES!!!
Aínda que as fotos dos cómics saíron un pouco borrosas, deixo aquí unha mostra dos traballos elaborados por 5º e 6º.

Etiquetas:
5º (2016-2017),
6º (2016-2017),
concurso de cómic
martes, 25 de abril de 2017
MULLERES
Para conmemorar o 8 de marzo "Día da Muller", escollimos
"MUJERES
2" de Isabel Ruiz Ruiz.
Neste libro lémbrase a mulleres reales que merecen ser un referente para todos os nenos e nenas da escola. A atutora deste libro quixo rescatar nomes de mulleres que forman parte da nosa historia. É unha selección de dezaoito mulleres reales de distintos ámbitos; mulleres que son e serán un exemplo para todas as persoas e deben estar presentes na nosa memoria.
Os alumnos de 6º fixeron a súa propia interpretación plástica deste libro para conmerar esta data tan sinalada.

"MUJERES
2" de Isabel Ruiz Ruiz.Neste libro lémbrase a mulleres reales que merecen ser un referente para todos os nenos e nenas da escola. A atutora deste libro quixo rescatar nomes de mulleres que forman parte da nosa historia. É unha selección de dezaoito mulleres reales de distintos ámbitos; mulleres que son e serán un exemplo para todas as persoas e deben estar presentes na nosa memoria.
Os alumnos de 6º fixeron a súa propia interpretación plástica deste libro para conmerar esta data tan sinalada.

miércoles, 5 de abril de 2017
SEIS NENOS EN MARTE
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chegou á nosa biblioteca un libro moi especial: " Seis nenos en Marte". A nai de Lía de 4º aconsellounos este libro que transcorre no espazo e ademáis os protagonistas son nenos. O científico Luis Ruiz de Gopegui é o autor deste libro dedicado aos nenos e nenas e nel cóntanos todo o que razoablemente habería que facer para chegar ao planeta Marte. Luis o sabe ben porque seguiu dende a estación espacial da NASA en España as operacións que fixeron posible a chegada do home á Lúa.É un libro moi fácil de ler e moi divertido. Non perdades a posibilidade de buscalo na biblioteca... Estavos esperando!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
lunes, 3 de abril de 2017
SOCORRO!! ESTE NON SON EU!!
O almorzo, ademais de ser fundamental para a nosa alimentación, é un bo momento para contar todo o que soñamos mentras descansamos. Neste conto no que descubrirás que as cousas non sempre son o que parecen, porque, no mundo dos soños e dos pesadelos, cualquera cousa é posible. Socorro!! Este non son Eu!!! de Jesús Aznar contado por María e Hyzadora a infantil é unha historia sorprendente que trata, diso, do mundo dos soños.
viernes, 31 de marzo de 2017
EL TRAVIESO
Nesta ocasión foron Sara e Hyzadora as que lle leron contos aos nenos e nenas de infantil. Escolleron "El Travieso" de Lauren Castillo. Un entretido conto de malentendidos e dun misterioso ladrón. Animádevos a coller este conto na biblioteca e gozar coa súa lectura.Coma sempre os nosos contos acompañados de música, nesta ocasión as cancións escollidas son as de María Fumaça. Non deixedes de escoitalo!!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
miércoles, 29 de marzo de 2017
ORQ
Lía e Elena axudadas polas súas compañeiras de 4º Luisa, Paula, Carme e Sabela recrean e cóntanlle o conto de ORQ aos nenos e nenas de infantil.Orq é un conto escrito por David Elliot e ilustrado por Lori Nichols. A través da lectura deste conto entraremos en contacto cunha fermosa historia de amizade adorable chea de humor e corazón. Como curiosidade contarvos que en todas as páxinas aparece unha familia de paxariños prehistóricos que viven o conto coa mesmas emocións que os protagonistas.
Gozade co conto das vosas compañeiras e non esquezades collelo na biblioteca para descubrir esta curiosa familia de paxariños prehistóricos.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
Etiquetas:
2016-2017,
4º (2016-2017),
Contos na Biblioteca
lunes, 27 de marzo de 2017
MOSNTRO ROSA
Monstruo Rosa é un conto sobre o valor da diferenza. Unha historia para entender a diversidade como elemento enriquecedor, Monstruo Rosa é un grito de liberdade. Escrito por Olga de Dios foi escollido por Uxía de 6º para lerlles aos nenos e nenas de infantil.
Concurso do Entroido
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa case esquecía publicar as fotos dos gañadores do concurso do ENTROIDO deste ano!!!
Sabedes que este ano o xurado estivo formado por todos os pais, nais e familiares que pasasen pola escola a ver o noso concurso de disfraces.
Unha moi dura votación xa que os disfraces cada ano superan os do ano anterior.
Como sabedes entran no concurso somentes o disfraces feitos por vós coa axuda dun maior.
Os disfraces comprados participan na pasarela pero non forman parte do concurso.
Así pois lembramos aos gañadores:
Mellor disfrace individual para:
Lia de 3 anos que ía de Aviadora e para Saúl de 3º que ía de Cazapantasmas. Un premio de accésit a Enrique de 1º por un disfrace que revive as nosas tradicións o de Peliqueiro
Mellores disfraces de parellas:
A Carme e Luisa de 4º pola súa interpretación de "Leonardo da Vinci e a Gioconda"; e a Marcos de Javier de 5º pola súa interpretación dun "Pescador co seu peixe"
Mellor disfrace en grupo:
Neste caso os mellores disfraces de grupo foron para: Elena e Xabi de 3 anos, Asier e Irene de 4 anos. que escolleron o disfraz dos "Trogloditas" co seu coche incluído. O seguinte grupo gañador foron Guille, André e Brais de 3º que gañaron co disfraz de AC DC.
Gústanvos? Pois se pinchades na foto podedes ver todos os disfraces que participaron na nosa pasarela.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)