Ola amguiños e amiguiñas! O alumnado de 5º fixo unha estupenda recreación dos distintos ecosistemas que expuxo na entrada do cole. Ademais aproveitaron para contarlle moitas cousiñas aos nenos e nenas de 1º de todo o que aprenderon.
jueves, 16 de abril de 2026
martes, 14 de abril de 2026
Contos na biblio con Verónica, a nai de Leire de 5º de infantil
Ola amiguiños e amiguiñas! O pasado venres vivimos unha mañá moi especial na nosa biblioteca. Tivemos a visita de Verónica, a nai de Lerire de 4 anos, que quixo compartir con nós un tempiño cheo de historias e emocións.
A través dos contos “Adiós, enfado ¡Hola, calma!” e “Contemos cinco patos”, os nenos e nenas de infantil gozaron, participaron e riron moitísimo.
Moitísimas grazas por acompañarnos e por facer deste ratiño unha experiencia tan bonita!
jueves, 9 de abril de 2026
Parabéns 9-03-2026
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe, dende a emisora de Radio Garabullo, volvemos a emitir para o comedor do cole. Da man de Martina, Mauro, Xoán e Guille de 5º continuamos cun 2º podcast de "Parabéns á hora de comer e as novas do tempo de lecer". Aproveitamos para felicitar o aniversario a todo o alumnado, persoal do centro e familias colaboradoras do comedor nados nos meses de decembro, xaneiro, febreiro e marzo. Queredes escoitalos?
miércoles, 8 de abril de 2026
CONCURSO PLÁTANO DE CANARIAS
Ola, amiguiños e amiguiñas!!
Xa comezou a 5ª edición da Liga Saudable de Plátano de Canarias, un torneo escolar, que combina aprendizaxe e diversión a través de aventuras educativas en formato escape room dixital.
Unha experiencia inmersiva,impulsada por Plátano de Canarias que invita a descubrir que coidarse, alimentarse ben e consumir froita tamén pode ser unha gran aventura!
Para participar tedes que premer na ligazón do voso curso, poñer o voso número na aula e superar as distintas probas. Moita sorte!!
Enlace para 3º de Primaria:
martes, 7 de abril de 2026
REPORTEIROS SD BANDEIRA
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xoán, Vega, Hugo Fuentes e Hugo Otero decidiron converterse en reporteiros e reporteiras deportivas para contar o que pasa nalgún dos seus partidos.
Neste podcast comparten as xogadas, os momentos máis importantes e como se sentiron xogando en equipo.
Dádelle ao play e escoitade o seu traballo!
jueves, 2 de abril de 2026
202-04-2026: "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo"
Ola amiguiños e amiquiñas! Este ano, a asociación AÚPA DEZA quixo compartir connosco unha fermosa iniciativa para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Agasallaron ao noso centro cunhas chapas moi especiais, co obxectivo de dar visibilidade ao autismo e promover valores como o respecto, a inclusión e a empatía.
O alumnado participou con moita ilusión, levando as chapas e realizando fotografías mostrando así o seu apoio a esta causa.
Dende a BIBLIOTECA queremos agradecer este detalle, sumarnos a esta proposta e seguir traballando para construír unha escola máis inclusiva, onde todas e todos teñamos cabida 💙
Ademais dende esta semana contamos na nosa biblioteca cun libro : Vítor é autista. Nel, un neno cóntanos en primeira persoa como é o seu día a día, axudándonos a comprender mellor que significa ser autista desde a súa propia mirada.
Trátase dunha lectura sinxela, emotiva e moi valiosa para traballar a empatía, o respecto e a inclusión co noso alumnado. A través da súa historia, Vítor achéganos á súa forma de sentir, pensar e relacionarse co mundo, rompendo estereotipos e achegándonos á diversidade como unha riqueza.
Animamos a toda a comunidade educativa a achegarse a este libro e a seguir construíndo xuntos unha escola máis inclusiva, onde todas e todos teñamos o noso lugar 💙
lunes, 30 de marzo de 2026
ALMORZAMOS COAS NAIS E AVOAS DE 3º
Ola amiguiños e amiguiñas! Dende a biblioteca do centro queremos agradecer ás nais e avoas do alumnado de 3º a súa participación nunha actividade moi especial que compartimos estes días.
Durante a xornada, e arredor dun pequeno almorzo, tivemos a oportunidade de escoitar como era a escola cando elas eran pequenas, coñecer as súas vivencias persoais e establecer comparacións coa realidade actual do noso alumnado. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Ademais, a actividade permitiu reflexionar sobre o papel da muller ao longo do tempo e a súa presenza na sociedade e na cultura. Neste sentido, tamén fixemos referencia ao Día das Letras Galegas, comentando a importancia de recoñecer e dar visibilidade ás mulleres que contribuíron á nosa lingua e literatura.
Queremos destacar a implicación, cercanía e xenerosidade das participantes, que compartiron co alumnado experiencias, recordos e coñecementos de gran valor.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Actividades como esta axudan a construír comunidade, a valorar o pasado e a seguir aprendendo xuntos.
sábado, 28 de marzo de 2026
VISITA DA NAI DE IAGO DE 4 ANOS
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Esta semana tivemos unha visita moi especial na biblioteca do cole. A nai de Iago de 5º de infantill, achegouse para compartir con nós unha serie de experimentos sorprendentes e moi divertidos.
Os nenos e nenas puideron descubrir cousas moi curiosas: que lle pasa a un ovo cando o metemos en vinagre, como reacciona a pementa co xabón, por que a graxa nos axuda a manter a calor do corpo ou como poden cambiar de cor os caraveis. Todo isto a través da observación, o asombro e, sobre todo, a participación activa.
Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendemos facendo, espertando a curiosidade científica dos máis pequenos e pequenas dun xeito lúdico e motivador.
Grazas Ana pola túa implicación, o teu tempo e as ganas de compartir con nós estes momentos tan especiais. Encántanos contar coa colaboración das familias para seguir medrando xuntos! 💙
A continuación, deixámosvos un vídeo resumo desta actividade tan especial.
viernes, 27 de marzo de 2026
COMEZA A SEMANA SANTA
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Hoxe comezamos as vacacións de Semana Santa. Despois dun trimestre cheo de chuvia e cunha biblioteca moi concorrida nos tempos de lecer, a chegada da primavera trouxo consigo as ganas de xogar ao aire libre, deixando este espazo un pouco máis tranquilo.
Sen embargo, a actividade na biblioteca segue moi presente. Mentres nun recuncho os nenos e nenas de infantil xogan e experimentan, noutro o alumnado de 1º realiza o préstamo de libros para as vacacións. Ademais, o alumnado de inglés entra de cando en vez na procura dos “ovos de Pascua”, convertendo así a nosa biblioteca nun espazo vivo e cheo de aprendizaxe.
DÍA DOS BOSQUES con Wangari e as árbores da Paz
Ola amiuguiños e amiguiñas! Como xa sabedes o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria celebrou o Día Internacional dos Bosques cunha actividade vinculada ao proxecto de biblioteca do centro.
Dentro deste proxecto, continúan traballando na recuperación do espazo “O coto da Gaiteira”, destinado á plantación de diferentes especies arbóreas.
Para conmemorar esta data, prepararon a narración do conto Wangari e as árbores da paz, que compartiron co resto das aulas, transmitindo valores de respecto e coidado polo medio natural.
Seguimos medrando xuntos, coidando o noso entorno





.jpeg)



