domingo, 7 de mayo de 2023

NATUREZA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Natureza é un poema de Gloria Fuertes que escolleron Cova, Antía, Gaia e Mariña de 3º para levar á radio.

Para Radio Garabullo vai a ser o poema de referencia e orgullo xa que as vosas compañeiras aproveitaron os recreos para facer a escaleta nos ordenadores da biblioteca; e despois foron soas á  radio a facer o programa para todos.

Tamén queremos destacar que estamos a falar dun poema moi fermoso que  está moi unido ao noso proxecto da Biblioteca "NATURARTE".  Unimos a arte de recitar coa temática do proxecto e temos o recitado que as vosas compañeiras fixeron de Naturaleza.


A PRIMAVERA DAS LETRAS. LETRAS GALEGAS 2023

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis achégase o "Día das Letras Galegas" e se queredes aprender moitas cousas máis sobre Francisco Fernández del Riego podedes achegarvos a páxina creada pola Real Academia Galega para nós os nenos. "A primavera das letras"

Se queredes saber o que contan do noso homenaxeado premede na imaxe:



jueves, 4 de mayo de 2023

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2023

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos en maio e na rede paseniño, paseniño están a colgar actividades relacionadas coas Letras Galegas. Este ano están dedicadas a Francisco Fernández del Riego, un dos impulsores desta festa das nosas letras.

Dende o Seminario Galán sempre se fan propostas moi divertidas e didácticas para aprender cousas moi interesantes dos homenaxeados, para facilitarvos a busca das actividades aquí deixamos algunhas colgadas. Agardo que xoguedes moito e aprendades máis (premede nas imaxes).

Para comezar o Vídeo da vida e obra de don Francisco e despois actividades de Genially. Grazas Seminario Galán!!

Para Educación Infantil: 


A súa Biografía:


 A Ruleta de Francisco Fernández del Riego:


 O Rodicio:


Que sabes de Francisco?


Xogo da Memoria:


Canto coñeces á persoa:


Desde o vello cabo do mundo:



O xogo do detective:


A Expo de Don Paco:



Pontedeume:



miércoles, 3 de mayo de 2023

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes o pasado 7 de abril celebrouse o "Día Mundial da Saúde" un tema que tiñan que preparar os nenos e nenas de 1º para contarvos a vós cousas moi interesantes de saúde. Pero coma aínda son pequeniños pediron axuda a unha nai que é enfermeira.

O pasado venres tivemos a sorte de contar con Raquel (mamá de Hugo de 1º) e a súa amiga Silvia que son enfermeiras.  Contáronnos moitas cousas dende como curar unha ferida, como temos que cargar a mochila ou como sentarnos. Ademais ensináronnos a escoitar o noso corazón, a facer unha RCP básica ou a "Maniobra de Heimlich" para cando atragantamos, pasando por aprender a posición lateral de seguridade... Foi unha xornada marabillosa onde todos e todas aprendemos algo e se o dubidades... Ollade!!

lunes, 1 de mayo de 2023

LIBROS QUE ALIMENTAN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estivemos falando das actividades do "Día do Libro". De todas as que fixemos, unha das que máis nos gustou foi a de "Libros que alimentan". Cambiar libros froito do expurgo por alimentos non perecederos.  

Fixemos unha boa colleita!! Sodes moi bos lectores e moi xenerosos, xa que estes alimentos foron entregados ao Concello para axudar ás familias que o precisaran. Unha vez máis sacamos os LIBROS da biblioteca para darlles novos valores de empatía, solidariedade, respecto, ilusión,...



APADRIÑAMENTOS LECTORES

Ola amiguiños e amiguiñas!! Atrás queda a "Semana do Libro" que coma, cabe esperar, enche de actividade as bibliotecas: Recomendacións lectoras, libros que alimentan, booktubers,... Todas elas encamiñadas a fomentar o gusto e o hábito de ler.

Neste cole traballamos o "Día do Libro" cada día. Gústanos ler, xogar e crear na biblioteca. Neste espazo compartimos moito de nós con outros compañeiros e compañeiras. Cando chega a Semana do Libro facermos algo máis. Sacamos os LIBROS da biblioteca. Aprendemos que as lecturas que son importantes para nós tamén o son para os nosos compañeiros e compañeiras. Aprendemos que os libros poden chegar a alimentar e encher os pratos dalgunha casa que o precise.

Tamén gustamos de compartir momentos de lecer e lectura, e poder volver a facer os "Apadriñamentos lectores" coma faciamos antes da pandemia. Fíxonos moita ilusión volver a encher o patio do recreo de lecturas compartidas entre maiores e pequenos. É unha actividade que sempre nos gustou e voltou para quedar para seguir perdurando no tempo... Unidos pola lectura e lendo porque nos peta.

Booktubers de 5º: "Un cruceiro moi pendenciero"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Fabiana, Sebastián, María e Diego os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro: "Un cruceiro moi pendenciero", un dos libros da colección das Aventuras dos Simpson. Un libro moi divertido e seguro que con moitos enredos. Escoitade o que os nosos compañeiros nos contan.

domingo, 23 de abril de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O mes de abril é un mes de celebración da lectura. Aínda que para nós a lectura está presente todo o ano, o 23 de abril convértese nunha data especial, sucédense celabracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros. A través dos libros aprendemos e podemos viaxar a outros mundos e lugares, transportarnos ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas a través dos distintos personaxes.

Nas escolas preparamos actividades encamiñadas a fomentar a lectura e nós tamén. Que mellor xeito de animar a alguén a ler que recomendarlle un conto? Ao longo da pasada semana os recreos da biblioteca estiveron visitados por moitos nenos e nenas que quixeron recomendar aqueles contos que máis lles gustaron, os que máis lles ensinaron ou os que máis lles emocionaron. Contos importantes para eles e por que non para nós?

Libros recomendados por 1º:

Libros recomendados por 2º:

Libros recomendados por 3º:

Libros recomendados por 4º:

sábado, 22 de abril de 2023

Booktubers de 5º: "Futbolísimos"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Manuel, Patricia e Eloi os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro: Os Futbolísimos. O Misterio dos árbitros dormidos. Un libro moi entretido e intrigante. Escoitade o que os nosos compañeiros nos contan.

jueves, 13 de abril de 2023

OS CREBACABEZAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Unha vez máis os nenos e nenas de 3º buscaron un novo tema para investigar e traer ata nós as súas achegas. Nesta ocasión aproveitaron a gran aceptación que tiveron os cubos de Rubik para falarnos dos "crebacabezas".


Queredes descubrir todo o que averiguaron?
Escoitade o podcast resumo de todo o que aprenderon!!