miércoles, 3 de mayo de 2023

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes o pasado 7 de abril celebrouse o "Día Mundial da Saúde" un tema que tiñan que preparar os nenos e nenas de 1º para contarvos a vós cousas moi interesantes de saúde. Pero coma aínda son pequeniños pediron axuda a unha nai que é enfermeira.

O pasado venres tivemos a sorte de contar con Raquel (mamá de Hugo de 1º) e a súa amiga Silvia que son enfermeiras.  Contáronnos moitas cousas dende como curar unha ferida, como temos que cargar a mochila ou como sentarnos. Ademais ensináronnos a escoitar o noso corazón, a facer unha RCP básica ou a "Maniobra de Heimlich" para cando atragantamos, pasando por aprender a posición lateral de seguridade... Foi unha xornada marabillosa onde todos e todas aprendemos algo e se o dubidades... Ollade!!

lunes, 1 de mayo de 2023

LIBROS QUE ALIMENTAN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estivemos falando das actividades do "Día do Libro". De todas as que fixemos, unha das que máis nos gustou foi a de "Libros que alimentan". Cambiar libros froito do expurgo por alimentos non perecederos.  

Fixemos unha boa colleita!! Sodes moi bos lectores e moi xenerosos, xa que estes alimentos foron entregados ao Concello para axudar ás familias que o precisaran. Unha vez máis sacamos os LIBROS da biblioteca para darlles novos valores de empatía, solidariedade, respecto, ilusión,...



APADRIÑAMENTOS LECTORES

Ola amiguiños e amiguiñas!! Atrás queda a "Semana do Libro" que coma, cabe esperar, enche de actividade as bibliotecas: Recomendacións lectoras, libros que alimentan, booktubers,... Todas elas encamiñadas a fomentar o gusto e o hábito de ler.

Neste cole traballamos o "Día do Libro" cada día. Gústanos ler, xogar e crear na biblioteca. Neste espazo compartimos moito de nós con outros compañeiros e compañeiras. Cando chega a Semana do Libro facermos algo máis. Sacamos os LIBROS da biblioteca. Aprendemos que as lecturas que son importantes para nós tamén o son para os nosos compañeiros e compañeiras. Aprendemos que os libros poden chegar a alimentar e encher os pratos dalgunha casa que o precise.

Tamén gustamos de compartir momentos de lecer e lectura, e poder volver a facer os "Apadriñamentos lectores" coma faciamos antes da pandemia. Fíxonos moita ilusión volver a encher o patio do recreo de lecturas compartidas entre maiores e pequenos. É unha actividade que sempre nos gustou e voltou para quedar para seguir perdurando no tempo... Unidos pola lectura e lendo porque nos peta.

Booktubers de 5º: "Un cruceiro moi pendenciero"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Fabiana, Sebastián, María e Diego os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro: "Un cruceiro moi pendenciero", un dos libros da colección das Aventuras dos Simpson. Un libro moi divertido e seguro que con moitos enredos. Escoitade o que os nosos compañeiros nos contan.

domingo, 23 de abril de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O mes de abril é un mes de celebración da lectura. Aínda que para nós a lectura está presente todo o ano, o 23 de abril convértese nunha data especial, sucédense celabracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros. A través dos libros aprendemos e podemos viaxar a outros mundos e lugares, transportarnos ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas a través dos distintos personaxes.

Nas escolas preparamos actividades encamiñadas a fomentar a lectura e nós tamén. Que mellor xeito de animar a alguén a ler que recomendarlle un conto? Ao longo da pasada semana os recreos da biblioteca estiveron visitados por moitos nenos e nenas que quixeron recomendar aqueles contos que máis lles gustaron, os que máis lles ensinaron ou os que máis lles emocionaron. Contos importantes para eles e por que non para nós?

Libros recomendados por 1º:

Libros recomendados por 2º:

Libros recomendados por 3º:

Libros recomendados por 4º:

sábado, 22 de abril de 2023

Booktubers de 5º: "Futbolísimos"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Manuel, Patricia e Eloi os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro: Os Futbolísimos. O Misterio dos árbitros dormidos. Un libro moi entretido e intrigante. Escoitade o que os nosos compañeiros nos contan.

jueves, 13 de abril de 2023

OS CREBACABEZAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Unha vez máis os nenos e nenas de 3º buscaron un novo tema para investigar e traer ata nós as súas achegas. Nesta ocasión aproveitaron a gran aceptación que tiveron os cubos de Rubik para falarnos dos "crebacabezas".


Queredes descubrir todo o que averiguaron?
Escoitade o podcast resumo de todo o que aprenderon!!

lunes, 10 de abril de 2023

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá lle daremos a benvida ó terceiro trimestre cunha nova conmemoración no noso colexio: o Día das Artes Galegas. A clase que o fixo posible foi a de sexto. Que pouco lles queda a estes nenos para acabar a primaria...

Todos eles, convertidos nuns auténticos periodistas de investigación, levaron a cabo un mural e unha reportaxe. Anúnciannos todo Bruno e Samuel na nosa radio. Desfrutade e aprendede do vídeo!

O ALUMNADO DE 4º ENTREVISTA ÁS COCIÑEIRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mes de marzo celebramos a Semana da Prensa. Analizamos os xornais. Observamos a importancia das noticias e das súas partes, os distintos tipos de noticias e as distintas seccións dun periódico e con todo o aprendido fomos refacendo ou creando novas adaptadas a nosa realidade.

O alumnado de 4º foi un pouco máis alá. Centráronse na entrevista e todo o que rodea esta parte do periodismo para todos xuntos poder facer unha que levantara o interese do cole.

Tiñan que achegarse a alguén que todos os nenos e nenas do cole coñeceran. Alguén moi importante que espertara a curiosidade non só dos reporteiros senón tamén da comunidade educativa.

O resultado do seu traballo foi unha entrevista a Susana e Mari, as nosas cociñeiras. Unha entrevista moi interesante que non podedes deixar de escoitar!!

lunes, 3 de abril de 2023

PACO NOGUEIRAS visita a Biblioteca

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns 27 de abril tivemos a sorte de contar coa visita de Paco Nogueiras. Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico. Nestes momentos desempeña a súa actividade cos espectáculos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule”  e “Extra!” baseados nos libros editados coa Editorial Kalandraka. Ao mesmo tempo compaxina esta actividade co labor de contacontos na Campaña de Animación á Lectura que realiza Kalandraka, e grazas a  iso tivemos a sorte de podelo escoitar nós na nosa biblioteca.

Entrou na biblioteca cos seus instrumentos e trouxonos un montón de contos fermosos, emocionantes e divertidos. Ollade que ben o pasaron os pequenos de infantil, 1º e 2º. Ollade!!